Nelson Quinteiro Producciones

Pequeno Cabaret Infantil

Data de estrea: 15/06/2016
Non se atoparon valoracións
TeatroMúsicaDanza


Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste en a instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo de unha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias “Pedrito Mendrugo” e a súa pulga “Jacinta Florette” farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis creciditos transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.

Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e aproveita o colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado, a súa alegre música  para falar dos contos de toda a vida.

Un espectáculo con un ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable.

Outros datos de interese:
Un espectáculo que vén avalado por máis de cen funcións e citas tan prestixiosas como o Festival Portamérica (estrea),  Festival Interritmos (Asociación DELOA-Fundación Paideia), Rilla na RúaFestival Galego de Cabaré de Redondela, Feira do Vento de Lalín, Feira de Oficios de Cambados, Feira Modernista de Cartagena, Pequeno Circo de Nadal Rianxo, Pequeno Circo de Entroido A Coruña, Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, Festival TRAN TRAN de Paiasos de Fuerteventura, Festival NOSOLOCIRCO 2018 de Circo Contemporáneo de Extremadura, etc…

Público: Familiar


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!