Teatro do Atlántico é unha compañía galega constituída no ano 1985, por María Barcala e Xúlio Lago que leva realizadas ata o momento 35 producións e recibido varios premios, entre eles os Premios María Casares en varias edicións e, no 2016, o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Artes Escénicas.
HELENA Xuízo a unha lurpia
Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris. Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos –Aquiles, Ulises–, coa impotencia diante da crueldade da guerra…….
Ficha técnica
Autor: Miguel del Arco
Tradución: Inma L.Silva
Escenografía Antonio F.Simón
Vestiario: Susa Porto
Música e espazo sonoro Anxo Graña
Deseño de Iluminación: Xúlio Lago
Fotografía e deseño cartel Tino Viz/Margen fotografía
Profesora de canto Pilocha
Axudante Dirección Lucía Regueiro
Dirección Xúlio Lago
Helena é interpretada por María Barcala
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.