XIX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Cartel do XIX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

A FEGATEA presenta en Santiago o XIX Festival de Teatro Afeccionado AGUSTÍN MAGÁN, un festival do máis variado con novidades importantes: un primeiro día adicado ao micro teatro e unha actuación o domingo ás 12 para publico familiar.

Programa

Venres 4 de setembro (microteatro)

  • 20:00h – Teatro Principal
    • “Ausencias” de Cavort Teatro
    • “A aposta do chisqueiro” de A tequerreté
    • “Mitoloxía para ignorantes” de Hipócrita Teatro

Sábado 5 de setembro

  • 18:00h – Salón Teatro
  • 20:00h – Teatro Principal
    • “Balneario A Condesiña” de Atrezo Fontevella

Domingo 6 de setembro

  • 12:00h – Salón Teatro
    • “A mirada das bolboretas” – Lohengrín
  • 18:00h – Salón Teatro
    • “Final de película” de Ateaco
  • 20:00h – Teatro Principal
    • “A farsa de Maitre Pathelin” de Tiruleque
Programación XIX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán
Programación XIX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Festival Xironsa – Punto e aparte…

Cartel Xironsa punto e aparte 2020

Nestes tempos complicados a Asociación Cultural Xironsa conseguiu unha vez máis realizar a súa función principal que é por en valor a Cultura Galega e presenta a versión “Punto e Aparte” do Festival Xironsa, un pequeno gran de area dentro deste momento que nos toca vivir, eso si, cumprindo as normativas sobre seguridade e distanciamento social.

Programa

Venres 28 de agosto

Sábado 29 de agosto

Domingo 30 de agosto

  • Alborada Boudebou Gaiteiros
  • 12:30h – Presentación da Revista Cen Follas nº2 coa actuación de Isi Vaamonde e Bruno Barreiro
  • 19:30h – Primordials

10º Festival de Danza e Artes do Corpo – Corpo (a) terra 2020

Cartes Festival Corpo (a) Terra 2020

Este Festival reivindica un novo uso do espacio urbán que apela á participación cidadá a través da danza. Na súa primeira edición foron xs cidadanxs, convertidxs en espectadorxs, xs encargadxs de propoñerlle un nome co que marcar a súa identidade, finalmente: Corpo(a)terra. Cada ano, todas e todos: cidadanxs, artistas, espectadorxs, espazos urbáns, asociacións… formaremos parte das distintas edicións de algún modo particular.

MÉRCORES 26 de Agosto – OURENSE

  • ENXEBREDANZA’20 (Programa de entrenamiento en danza de corpo(a)terra)
    • KIRENIA DANZA & DAVID LOIRA (Galicia / Berlín)
      10:00 – 13:00 | Espazo Xove Ourense
    • LARRUA – LAB / Jordi Vilaseca e Aritz López
      16:00 – 19:00 | Espazo Xove Ourense

XOVES 27 de Agosto – ALLARIZ

  • ENXEBREDANZA’20 (Programa de entrenamiento en danza de corpo(a)terra)
    • RAYMOND R. NAVAL
      10:00 – 13:00 | Espazo Xove Ourense
  • OSA + MUJIKA – Expectations will not kill you
    20:00 – 20:30 | Campo dos Brancos
  • LARRUA
    20:30 – 21:00 | Campo dos Brancos
  • cía. KIRENIA DANZA – Emigrantas
    21:00 – 21:30 | Campo dos Brancos

VENRES 28 de Agosto – ALLARIZ

  • ALEJANDRA BALBOA – Vertebrata
    20:00 – 22:45 | Campo dos Brancos
  • «PEDRAS NAS LUCES”
    22:45 – 23:00 | Campo de Vilanova
  • FUNBOA: TECHNOCRACIA Stage 1 (proceso)
    23:00 – 23:30 | Campo de Vilanova


SÁBADO 29 de Agosto – OURENSE

  • ZumZum Teatre – “10 anos danzando”
    21:00 – 22:00 | Explanada Auditorio de Ourense
  • «PEDRAS NAS LUCES”
    23:30 – 23:55 | Parque Canedo


DOMINGO 30 de Agosto – OURENSE

  • NURIA SOTELO
    19:00 – 20:00 | 30/08/2020

XXI Festival Internacional de Títeres de Redondela

Cartel 21 FIT Redondela

O Festival Internacional de Títeres de Redondela é o reflexo do esforzo colectivo dunha vila por aportar e comprometerse nesta situación histórica a través do teatro de monicreques.

Nesta edición mantense a vocación internacional do Festival, presentando traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Arxentina e tamén de Cataluña, Madrid, Andalucía, Castela-León e Galicia (entre outras).

Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas.

Programa

Martes 1 de setembro

  • 20:00h – Auditorio da Xunqueira. “Contacreques” de Eme2 Producións (Galicia) +4 anos

Mércores 2 de setembro

  • 20:00h – Auditorio da Xunqueira. “Error 404” de Ángeles de Trapo (Andalucía) +12 anos

Xoves 3 de setembro

  • 18:00h – Salgueiral. “Titiricircus” de Tanxarina Títeres (Galicia) 45′
  • 19:00h – P. da Xunqueira. “Caperucita Roja” de Tropos Teatro de Títeres (Madrid) 50′
  • 20:00h – Auditorio da Xunqueira. “Ay pera, perita pera!” de Cazando Gamusinos Teatro (Madrid) +4 anos

Venres 4 de setembro

  • 18:00h – Salgueiral. “¡Es la hora de la cachiporra” de Le Guignol Orthopédique (Madrid) 45′
  • 19:00h – P. da Xunqueira. “Caperucita Roja” de Tropos Teatro de Títeres (Madrid) 50′
  • 20:00h – Casa da Torre. Concerto musical “Astronauta Sideral” de Uxía Lambona e a Banda Molona (Galicia) 65′
  • 21:00h – Auditorio da Xunqueira. “Pyka” de Cinema Sticado (Galicia) +14 anos
  • + Os Monifates (Galicia) – Intervención urbana

Sábado 5 de setembro

  • 12:00h – Pista da Xunqueira. “Tolitates” de Teatro Marionetas Trécola (Galicia) 45′
  • 13:00h – Palco da Música. “Unha armadura con ferruxe” de Títeres Cascanueces (Galicia-Cuba) 40′
  • 17:30h – Alfonso XII-Ribeira. Concerto itinerante The Turres Band (Galicia)
  • 18:00h – Pista da Xunqueira. “Tolitates” de Teatro Marionetas Trécola (Galicia) 45′
  • 19:00h – Salgueiral. “Primera luna llena del niño lobo” de Le Guignol Orthopédique (Madrid) 45′
  • 19:30h – Palco da Música. Concerto musical “Brinca Vai!” de Paco Nogueiras (Galicia) 45′
  • 20:00h – Casa da Torre. “Las aventuras de la intrépida Valentina” de Mutis Teatro (Castela-León) 60′
  • 21:00h – Auditorio da Xunqueira. “Sombra de cine” de Valeria Guglietti (Arxentina) +7 anos
  • 21:30h – Alfonso XII-Ribeira. Concerto itinerante The Turres Band (Galicia)
  • + “La Gran Familia” de Fadunito Street Arts (Cataluña) – Intervencións urbanas

Domingo 6 de setembro

  • 12:00h – Palco da Música. “A Familia unida” de Mircromina Títeres (Galicia) 45′
  • 12:30h – Salgueiral. Concerto musical “As parábolas de Pakolas” de Pakolas (Galicia) 45′
  • 13:00h – P. da Xunqueira. “Las aventuras de la intrépida Valentina” de Mutis Teatro (Castela-León) 60′
  • 18:00h – Palco da Música. “A Familia unida” de Mircromina Títeres (Galicia) 45′
  • 18:30h – P. da Xunqueira. “Las aventuras de la intrépida Valentina” de Mutis Teatro (Castela-León) 60′
  • 19:00h – Salgueiral. “¡Es la hora de la cachiporra” de Le Guignol Orthopédique (Madrid) 45′
  • 19:30h – Concello-Alameda. Concerto musical Fanfarria Barssica Rapa (Galicia)
  • 20:00h – Casa da Torre. Concerto musical “Eu cociño, ti cociñas?” de Mamá Cabra (Galicia)
  • 20:00h – Auditorio da Xunqueira. “A Galiña Azul” de Tanxarina Títeres (Galicia) +6 anos
  • 21:30h – Balcón do Concellon. Concerto musical Fanfarria Barssica Rapa (Galicia)
  • + “La Gran Familia” de Fadunito Street Arts (Cataluña) – Intervencións urbanas
  • + “Psychodelia” de Troula (Galicia)- Intervencións urbanas

XXI Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei

Cartel da XXI Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei

Nesta vixésima primeira edición participarán sete grupos de Galicia, un de Villalpardo (Cuenca) e outro de Madeira (Portugal). A Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei é actualmente un referente dentro do panorama de teatro amador galego nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de duascentas cincuenta compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Portugal, Francia…

Programa

Xoves, 27 de agosto

  • “Tecedoras de soños” de Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei
  • Entrega do XV Premio Careón á escritora Iolanda R. Aldrei en recoñecemento á súa labor como escritora e dinamizadora da cultura galega

Venres, 28 de agosto

  • “O vixiante dos soños” (teatro infantil e familiar) de Ubú Teatro

Sábado, 29 de agosto

  • “La elegida” (musical) de Invencible Teatro y Escuela de Teatro, de Villalpardo (Cuenca)
  • “Detrás das máscaras 1” de Metátase Teatro

Domingo, 30 de agosto

  • “Detrás das máscaras 2” de Metátase Teatro
  • Entrega do III Premio “Garabato” á conservación do patrimonio en homenaxe a Gabriel Barreiro Toural que se outorgará á Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada, unha entidade que se distingue pola súa labor na defensa, recuperación e difusión do patrimonio cultural.

Mércores, 02 de agosto

  • “Coa proa de Carvalho” de Brais das Hortas

Xoves, 3 de setembro

  • “Langreira de amor” de Grupo de Teatro Faro Miño, de Chantada

Venres, 4 de setembro

  • “Familia? Non grazas” de Pedro Brandariz
  • Entrega do XX Premio Mácara a Pedro Brandariz pola súa traxectoria profesional como actor e o seu apoio ao teatro

Sábado, 05 de setembro

  • “A Nova Barca do Inferno” (adaptación do orixinal A Barca do Inferno, de Gil Vicente) de Grupo de Teatro Machico (Ilha da Madeira – Portugal)

Domingo, 06 de setembro

  • “O retorno de Dora e Lola” de Alentía Teatro

XXIII Festival Internacional de Jazz de Cangas – Canjazz 2020

Cartel Canjazz 2020

Esta nova edición do Festival Internacional de Jazz de Cangas, Canjazz 2020, terá lugar entre o 23 e o 26 de agosto nas naves de Ojea, cun cartel de oito concertos nocturnos. O festival abandona o escenario habitual do Eirado do Costal para poder manter un aforo dunhas 400 personas e cumprir con todas as medidas de seguridade esixidas actualmente. Os concertos das sesiones vermú tamén se trasladan á noite, xusto antes do inicio das jam session. 

Domingo 23 de agosto

  • 22:00h – Sara Serpa Trío
  • 23:30h – Fofinhos Quartet

Luns 24 de agosto

  • 22:00h – Rita Payés & Elisabeth Roma
  • 23:30h – Diego Alonso Quartet

Martes 25 de agosto

  • 22:00h Rosolino Marinello Quintet
  • 23:30h – Brais Lorenzo Quartet

Mércores 26 de agosto

  • 22:00h Román Filiú Quartet
  • 23:30h – Frasquita Vintage

Sons da Canteira

Cartel Sons da Canteira 2020

O próximo 29 de agosto, na Canteira de Vilafría (O Porriño), música e videomapping sobre unha muralla de pedra nun entorno único.

Programa

▪ DJ / VJ Juanma LoDo
▪ Laura LaMontagne & PicoAmperio
▪ Mercedes Peón
▪ Baiuca

➜🎫 A partir do mércores 5 ás 12h00, venda de entradas en woutick.es
➜👫 Prezo: 16,5 € con descontos para grupos
➜🚌 Autobús gratuíto dende O Porriño coa túa entrada para acceder á canteira

Localización

A canteira de Vilafría está a rematar o seu proceso de restauración. O oco creado pola explotación eliminouse mediante un recheo para facilitar a cobertura vexetal e a reforestación da zona. O festival conta con persoal dedicado en exclusiva á limpeza e xestión de residuos. Podes consultar a ubicación exacta no mapa.

Como chegar

A chegada ao recinto farase en autobuses que habilitará a organización, de acceso gratuíto ao mercar a entrada. Para quen se desprace en vehículo propio ata O Porriño estará dispoñible aparcamento:

  • Aparcamento 1: Rúa do Cando, O Porriño
  • Aparcamento 2: Pabellón Municipal de Porriño

Xantar no recinto (Food Trucks): La Pavoneta (opcións para celiacos, sen glute, vexetariana) e La Mariniere.

FestaClown Vilagarcía 2020

Cartel Festiclown Vilagarcía 2020

FESTICLOWN é unha forma de ser e de entender o mundo a través do clown, unha escola onde ensinar e onde aprender, o FESTICLOWN é unha referencia global do humor solidario que ten deixado pousos en Galicia, Asturias, Madrid, Catalunya, Río de Janeiro, Bogotá, Wirikuta, Santa Catarina, Rio grande do Sul, Kariris Xocó… e dun xeito moi especial, Palestina, onde celebramos o primeiro festival de circo do mundo árabe e que xa leva varias edicións.

Programa

Sábado 15 de agosto

12.30 h. – Pasarrúas pola vila

  • TROULA – O estrano caso do dentista da rúa Brasov (ESTREA)

19.30 h. e 22.00 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

Domingo 16 de agosto

19.30 h. e 22.00 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

Luns 17 de agosto

11.30 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

  • SIMONE ROMANÓ (Italia) – Hop Hop (ESTREA)

19.30 h. e 22.00 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

Martes 18 de agosto

 12.30 h. – Pasarrúas pola vila

  • TRIO DETRÉS – +Ritmo (ESTREA)

19.30 h. e 22.00 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

  • JAVI JAVICHI (Madrid) – Plato, platito, platete

Mércores 19 de agosto

 11.30 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

19.30 h. e 22.00 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

  • CÍA VAYA + B-SIDE (Chile/Francia/Italia) – Te veo (ESTREA)

Xoves 20 de agosto

11.30 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

19.30 h. e 22.00 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

  • N+1 – O parrulo feo (ESTREA)

Venres 21 de agosto

11.30 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

  • ALBERT VINYES (Cataluña) – Betu el Pallasso

19.30 h. e 22.00 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

  • ARTEFEITO – Fran Rei, Pedro Brandariz, O Mago Teto, Isabel Risco e Albert Vinyes

Sábado 22 de agosto

12.30 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

19.30 h. e 22.00 h. – Praza da II República (diante do auditorio)

  • SU.MA – Ikigai

Rúa EXTcénica – IV Festival de Artes Escénicas na rúa

Cartel IV Rua Extcenica

Venres 17 de xullo

  • 19:30h – Xampatito Pato: Só (circo + teatro)
  • 20:30h – O Capitán Garfo: Cociñando Música (música infantil)
  • 21:30h – A Banda da Loba: Fábrica de luz (músicas do mundo)

Sábado 18 de xullo

  • 12:30h – Cía. Sincronacidas: OhLimpiadas (novo circo)
  • 20:00h – Vol’e Temps: DistanS (circo + teatro)
  • 21:00h – Mekánika Rolling Band (concerto itinerante)

Domingo 19 de xullo

  • 12:30h – Jhonny Mentero: Show (novo circo)
  • 21:00h – Danza contemporánea
    • Lab. Escénico Danza: Canela
    • Declaro Danza, Clara Ferrao: Miña xoia
    • Entremans: Iceberg
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!