7º Festival Internacional de Poesía (POEMAGOSTO) en Allariz

VII Festival Internacional de Poesía en Allariz (POEMAGOSTO 2020)

Programa

VII Poemagosto – Festival Internacional de Poesía en Allariz celebrarase o sábado 10 de outubro, nunha única xornada e dividido en tres actos:

  • 12:00h – ACTO POÉTICO – MUSICAL coas lecturas de poesía dxs 8 poetas participantes e a actuación do grupo Son Trío.
  • 18:00h – ACTO POÉTICO – MUSICAL coas lecturas de poesía dxs 8 poetas participantes e a actuación do grupo Terra Morena.
  • 20:30h – CONCERTO con Xosé Luís Rivas ‘Mini’ e Trilitrate.

Poetas

  • Moncho Iglesias Míguez (Galiza)
  • Charo Lopes (Galiza)
  • Antón Reixa (Galiza)
  • Baldo Ramos (Galiza)
  • Andrea Nunes Brións (Galiza)
  • Sofía Castañón (Asturies)
  • Raquel Lima (Portugal)
  • Abdul Hadi Sadoun (Irak)

Localización

  • O lugar de celebración será este ano a explanada ó aire libre, no interior do recinto do Festival Internacional de Xardíns. En caso de choiva, será na parte cuberta do patio do Museo do Coiro. Será obrigatorio e inescusable o uso de máscara durante a celebración dos actos, así como permanecer no asento asignado. Non estará permitido fumar no recinto das actividades.
  • A capacidade de público para cada un dos actos será limitada (100 persoas), e para acceder será obrigatoria a reserva previa de praza para cada persoa.
  • Podedes FACER A RESERVA a través do formulario que atoparás na web, ou ben escribindo un correo-e a poemagosto@gmail.com indicando os seguintes datos obrigatorios:
    – Nome e apelidos.
    – Teléfono de contacto (por protocolo de rastrexabilidade)
    – Indicar claramente a cal ou cales dos tres actos se desexa asistir. Pregámosvos que reservedes unicamente para os actos ós que esteades segurxs que ides poder asistir.
  • A entrada ós actos é gratuíta, pero tendes a opción de reservardes a ENTRADA SOLIDARIA por 5€, que inclúe unha camiseta do Poemagosto (a recoller e pagar á entrada, no posto de libros; ata esgotar existencias). Podedes ver as cores e tallas que nos quedan nesta páxina web.

fiot 2020 “en pausa”

Cartel fiot en pausa 2020

Ás veces, para avanzar, é necesario facer unha parada. Este 2020 non se celebrará unha nova edición FIOT, pero durante esta pausa propoñeuse unha programación para gozar do teatro no corazón das artes escénicas en Galicia: Carballo.

Programa

Venres 9 de outubro

  • 19.00 e 20.00h – Rúas de Carballo
    • FIOT + LIDISS (Galicia): “A lúa, válvula de spray” ..ESTREA..

Sábado 10 de outubro

  • 12.30, 13.30, 18.00 e 19.00h – Casino 1889
    • Iria Pinheiro (Galicia): “Croquetas” ..M2..
  • 11.00 a 14.00 e 18.00 a 20.00h – Biblioteca Rego da Balsa
    • Ana Abad De Larriba (Galicia): “Palabra” ..M2.. ..ESTREA..
  • 18.00, 19.00 e 20.00h – Pazo da Cultura
    • Emma Santos (Galicia): “Live” ..ESTREA..
  • 20.30h – Pazo da Cultura

Domingo 11 de outubro

  • 12.30, 13.30,18.00 e 19.00h – Sala de exposicións Pazo da Cultura
    • Prod. Sr. López (Galicia): “Manuela é unha inuit. Política postcovid” ..M2.. ..ESTREA..
  • 12.30, 13.30, 18.00 e 19.00h – Aula do Pazo da Cultura
    • Utopías (Galicia): “Evasión” ..M2.. ..ESTREA..

Luns 12 de outubro

  • 20.30h – Pazo da Cultura

Venres 16 de outubro

  • 21.00h – Pazo da Cultura
    • Amorodos Producións (Galicia): “A xente 2.0” ..ESTREA..

Sábado 17 de outubro

  • 12.30, 13.30, 18.00 e 19.00h – Salón de Plenos
    • Helena Salgueiro (Galicia): “Ferro, Federici (unha introdución) ..M2..
  • 12.30, 13.30, 18.00 e 19.00h – Ludoteca Municipal
    • Constance Hurlé (Galicia): “Lara Hierro: monólogo para corpo en movemento” ..M2.. ..ESTREA..
  • 20.30h – Pazo da Cultura

Domingo 18 de outubro

  • 20.30h – Pazo da Cultura
    • CHECK-IN PRODUCCIONES (Madrid): “Prostitución”

Do 7 de novembro ao 7 de novembro

  • Pazo da Cultura
    • EXPOSICIÓN: “Pandemia .Novos retos”

Reserva e venda de entradas

A reserva e venda de entradas para os espectáculos da programación do FIOT en pausa abrirase o vindeiro luns, 5 de outubro, ás 10.00 horas. A programación teatral celebrarase entre os días 9 e 18 de outubro en Carballo e contará con propostas como Curva España, A lingua das bolboretas, A xente 2.0,  Liberto ou Prostitución.

En cumprimento dos protocolos de prevención da covid-19 de redución de butacas nos recintos culturais, a organización limitará as reservas ou compra de entradas a dúas por persoa, e levará a cabo o proceso de venda de entradas para os espectáculos de pago (a través de ataquilla.com) en dúas fases, co obxectivo de garantir que o sistema se adapte ás normativas sanitarias vixentes no momento no que se leve a cabo a programación escénica. 

A entrada para as estreas da ficción sonora A lúa, válvula de spray e da performance Live será de balde pero haberá que facer unha reserva previa vía mensaxe de Whatsapp no 604 008 235; mentres que para as funcións do Certame Metro Cadrado a praza reservarase a través do correo electrónico fiot.microteatroentrada@gmail.com.

31º Festival de Teatro Galego (FETEGA 2020) “Celso Parada”

Cartel FETEGA 2020

A XXXI edición do Festival de Teatro Galego-FETEGA “Celso Parada” desenvolverase no Carballiño do 23 ao 26 de setembro a súa co apoio da Xunta de Galicia e cunha carteleira moi completa de compañías do páis, con espectáculos de sala, animación de rúa e unha Escola do Espectador como principal novidade das súas actividades paralelas.

Programa

Mércores 23 de setembro

  • 18:30h – Monólogo “Technologies” de Pedro Brandariz
  • 20:30h – “Clausura do amor” de Cámara Negra + CDG

Xoves 24 de setembro

  • 18:30h – Monólogo “Sexo débil O Carallo” de Arantxa Treus
  • 20:30h – “Os nenos da varíola” de Pérez & Fernández

Venres 25 de setembro

  • 18:30h – Monólogo “Sempre o pensaches pero nunca o dixeches” de Diana Sierra
  • 20:30h – “O mel non caduca” de Ibuprofeno Teatro

Sábado 26 de setembro

  • 18:30h – Proxecto Literarias
  • 20:30h – A que non podes dicir Coca-Cola? (II) de Avelina Pérez

XXVII Revoltallo

Cartel XVII Revoltallo

Unha nova edición de Revoltallo, un dos festivais máis lonxevos de Galicia que este ano aposta forte pola música emerxente galega. O cartel está encabezado polo “merengue espacial” de Ortiga, o reggae/roots de High Paw, que estará presentando los temas de su recién estrenado álbum “Solid As The Clock“, e as particulares covers de De Vacas.

Programa

Venres 18 de setembro

Sesión solpor

  • 20:15h – Reggae La Madriguera Roots & Dub
  • 21:15h – De VACAS
  • 22:15h – High Paw

Sábado 19 de setembro

Sesión vermú

  • 12:30h – Adrián Timms
  • 13:30h – La Chata Soul

Sesión solpor

  • 18:30h – Gabriel McKenzie
  • 19:30h – Monoulious DOP
  • 20:30h – Ortiga

Domingo 20 de setembro

Sesión solpor

  • 18:30h – Noar
  • 20:00h – Margarida Mariño – Cellist

Camiño Escena Norte 2020 – Galicia

Cartel Camino Escena Norte 2020

Camiño Escena Norte é un proxecto promovido polas asociacións Escena Galega, EscenAsturias, ACEPAE e Eskena articulado arredor dun novo itinerario de intercambio cultural que toma a ruta histórica do Camiño de Santiago do Norte como referencia para unha intensa programación escénica, expandida ademáis nos campos das sinerxias sectoriais, a mediación co público ou a reflexión.

Programa Galicia

Domingo 13 de setembro

18:00h. Salón Teatro de Santiago
Kulunka teatro (Euskadi): Quitamiedos de Iñaki Rikarte

Sábado 19 de setembro

20:00h. Praza da Catedral de Monodoñedo
Hilo Producciones (Cantabria): Tal vez soñar, de Sandro Cordero

Domingo 20 de setembro

20:00h. Auditorio Municipal gustavo Freire, Lugo
Hilo Producciones (Cantabria): Tal vez soñar, de Sandro Cordero

Venres 25 de setembro

17:30h. Auditorio Municipal Hernán Naval, Ribadeo
ACAR Teatro del Mundo (Asturias): La loka historia de Frankenstein, de Pep Vila, Anacelia Álvarez y Roca Suárez

Domingo 27 de setembro

20:00h. Mosteiro de Sobrado dos Monxes
Ruido Interno (Cantabria): Amarillo caído del cielo. La aventura del Pájaro Amarillo, de Juan Carlos Fernández Izquierdo

Domingo 4 de outubro

18:00h. Auditorio Municipal Carmen Estévez, Vilalba
ACAR Teatro del Mundo (Asturias): La loka historia de Frankenstein, de Pep Vila, Anacelia Álvarez y Roca Suárez

Sábado 10 de outubro

18:00h. Capela da Madanela, Arzúá
Luz, Micro y Punto (Asturias) – Celeste, de Chantal Franco e Patricia Toral

Domingo 11 de outubro

19:00h. Praza da Quintana, Santiago
Dantzaz (Euskadi) – Basoa

> Información do Camiño Expandido


Festa da Cultura de Vigo 2020

Cartel Festa da Cultura de Vigo 2020

Un ano máis, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza a Festa da Cultura 2020 en Vigo no que se recollen actuacións de música tradicional e concertos tanto dos grupos federados como doutros grupos locais. A entrada será gratuíta e con aforo limitado, respectando todas as medidas de seguridade e hixiene.

Programa

Venres 11 de setembro

Sábado 12 de setembro

Plataforma – Festival de artes performativas

Cartel Festival Plataforma

Plataforma é un proxecto que quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño, convidando a reflexionar sobre o espazo público e integrando servizos e institucións da cidade de Compostela para actuar como motor para o desenvolvemento e a cohesión social.

Plataforma é un festival de cidade, transversal, comprometido co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmaterial de Compostela, coa súa diversidade, coa igualdade, coa ecoloxía, coa tradición e coa innovación cultural, convencidos de que é dende a creatividade dende onde podemos construír un futuro máis amable e responsable.

Plataforma é un festival ideal para este momento de restruturación cultural, pola súa transversalidade e a descentralización das súas localizacións, pola súa escala, pola súa programación pensada para espazos singulares, pola posibilidade de seguir con facilidade os debidos protocolos de sustentabilidade e de seguranza para a saúde nas súas accións e propostas.

Programa

Xoves 10 de setembro

Venres 11 de setembro

Sábado 12 de setembro

Domingo 13 de setembro

Martes 15 de setembro

Mércores 16 de setembro

Xoves 17 de setembro

Venres 18 de setembro

Revenidas 2020 (en conserva)

Cartel Revenidas en conserva 2020

O Festival das Línguas. O Revenidas de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, converteuse nunha referencia no noso país pola súa aposta na música feita en galego xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente. Dende o 2003, ano da súa primeira edición, non deixou de medrar en canto a actividades e asistencia. E na súa 16ª edición forma parte dos sete eventos que están detrás da marca Festivais Rías Baixas. Sen embargo algo non mudou dende as orixes do Revenidas, o compromiso do festival co país, coa nosa cultura e coas persoas que fan que exista.

Programa

Xoves 10 de setembro

Venres 11 de setembro

  • 18:00h – “Punkdemia” de Peter Punk
  • 20:00h – Escola de Pandeiretas Avelaíña
  • 20:30h – Sés + Zeltia Irivire

Sábado 12 de setembro

Domingo 13 de setembro

  • 12:30h – Gala de Circo Revenidas
  • 19:00h – Gala Revenidas-Festivala
  • 21:00h – Perseguidor

V Festival herDanza

Cartel do V Festival herDanza

O festival herDanza busca a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espazos máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente que tódolos públicos poderán disfrutar. Este ano o festival desenvolverase durante tres días en espazos máis limitados para cumprir con tódalas medidas de seguridade e ofrecerá diversas actividades en torno á danza contemporánea: talleres formativos, charlas con profesionais da danza e espectáculos de pequeno e mediano formato. O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) colabora co Festival  HerDanza na súa V edición cunha residencia de creación dirixida polo bailarín/intérprete Mikel Aristegui.

Programa

XOVES 3 DE SETEMBRO

  • 17:00 – CONVERSA «A DANZA ENTRE O TRADICIONAL E O CONTEMPORÁNEO»
    • Auditorio do CGAC
    • Con Fran Sieira e Jaime Pablo Díaz
    • Modera Xiana Vilas
  • 19:00 – DANZA NO PARQUE – Bonaval
    • Daniel Rodríguez: «CONXURO»
    • Abdiel Vargas e Yaimelys Robaina : «DESCANSA EN MI»
    • Marta Cuba e Remedios Cuba: «CÍRCULA»

VENRES 4 DE SETEMBRO

  • 17:00 – DANZA NO MUSEO – OUVEO de MIKEL ARISTEGUI
  • Residencia de Creación en Colaboración co CGAC durante a semana do Festival
    • Auditorio do CGAC
    • Presentación e coloquio con Mikel Aristegui.
  • 19:00 – DANZA NO PARQUE – Bonaval
    • Wacking do Fiandón: «BERNARDA CARA DE LEOPARDA»
    • Milagros Bordones e Carlos Jesús García: «EL ALEPH»
    • Cía Mai: «DOUS EN UNHA»

SÁBADO 5 DE SETEMBRO

  • 12:30 – VISIONADO : «POLINA» de Angelin Preljocaj y Valérie Müller
    • «Auditorio do CGAC
    • En Colaboración co Institut Française
  • 17:00 – PRESENTACIÓN DO LIBRO : «O PÚBLICO ESTÁ AQUÍ»
    • Auditorio do CGAC
    • Con Sabela Mendoza e Gena Baamonde
  • 19:00 – DANZA NO PARQUE – Bonaval
    • Xián Martínez «PRÍNCIPE DO VINTEÚN»
    • Clara Ferrao e Leodan Rodríguez «SOLODADOS»

I Festival Comediártiko

Cartel I Festival Comediártiko

A sala viguesa Ártika reabre as súas portas cun novo ciclo de teatro da man dalgunhas das mellores compañías da escena galega. Baixo a premisa de “un pouco de comedia para estes tempos confusos”, os responsables da sala, Fernanda Barrio e Marcos Alonso retoman a actividade co I Festival Comediártiko que será o punto de partida da nova programación que contará con Talia Teatro, Chevere, Mofa e Befa e as compañías viguesas Teatro Avento Producións e Enconarte Producións.

Programa

Sábado 5 de setembro

domingo 6 de setembro

Venres 11 de setembro

  • 21:30h – “As fillas bravas e o mito de Casandra” de Chévere . ESTREA .

Sábado 12 de setembro

  • 21:30h – “As fillas bravas e o mito de Casandra” de Chévere

Domingo 13 de setembro

  • 20:00h – “As fillas bravas e o mito de Casandra” de Chévere

Venres 18 de setembro

  • 21:30h – “Como sobrevivir a unha apocalipse zombi” de Teatro Avento

Sábado 19 de setembro

  • 18:00h – “Aladino e a Lámpara marabillosa” de Teatro Avento

Domingo 20 de setembro

  • 12:00h – “Aladino e a Lámpara marabillosa” de Teatro Avento
  • 18:00h – “Aladino e a Lámpara marabillosa” de Teatro Avento

Venres 25 de setembro

Sábado 26 de setembro

Domingo 27 de setembro

Venres 2 de outubro

Sábado 3 de outubro

Domingo 4 de outubro

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!