XXX Festival de Jazz de Lugo

Cartel XXX Festival de Jazz de Lugo

Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz organizou en colaboración coa Xunta de Galicia un programa que se desenvolverá en tres escenarios da cidade coa participación de catorce agrupacións dedicadas a este xénero musical.

Este ano, o certame chega ao trixésimo aniversario mantendo a súa cita e coas adaptacións que marca o actual contexto sanitario, polo que algúns dos artistas duplicarán as súas actuacións para darlle cumprimento ás restricións de ocupación  e facilitar que os concertos cheguen ao mesmo número de persoas que nas anteriores edicións.

Programa

Martes 27 de outubro

BIRD LIVES (100_ANIVERSARIO CHARLIE PARKER)

Aperitivo ao XXX Festival de Jazz de Lugo

21:30 H – Club Clavicémbalo (10.00 €)

Xoves 5 de novembro

DANIEL GARCÍA TRIO

AIEnRUTa Jazz

20:30 H – Casa do Saber USC (Entrada gratuita con reserva previa en cultura.lugo@usc.es)

THE OLD PROJECT

21:30 H – Club Clavicémbalo (5.00 €)

Venres 6 de novembro

MINTON’S JAZZ QUINTET

21:30 H – Club Clavicémbalo (5.00 €)

Sábado 7 de novembro

SALVADOR SOBRAL

18:00 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (ENTRADAS ESGOTADAS)

SALVADOR SOBRAL

20:30 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (ENTRADAS ESGOTADAS)

XXX FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO EN STREAMING EN TOLEMIAS.TV

20:30 H – Emisión en streaming gatuita en Tolemias TV

Domingo 8 de novembro

JAZZ AT MASSEY HALL REVISITED: CHARLIE PARKER TRIBUTE

“The Quintet”: Perico Sambeat, Voro García, Albert Sanz, Toño de Miguel e Stephen Keogh

18:00 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (12.00 €)

JAZZ AT MASSEY HALL REVISITED: CHARLIE PARKER TRIBUTE

“The Quintet”: Perico Sambeat, Voro García, Albert Sanz, Toño de Miguel e Stephen Keogh

20:30 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (12.00 €)

Luns 9 de novembro

YAMANDÚ COSTA

20:30 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (12.00 €)

Martes 10 de novembro

JEAN TOUSSAINT QUARTET

20:30 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (12.00 €)

Mércores 11 de novembro

RAÚL RODRÍGUEZ

La Raíz Eléctrica

20:30 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (12.00 €)

Xoves 12 de novembro

SCULPTURES IN MUSIC

Paco Charlín, Pablo Castaño, Yago Vázquez, Marcos Pin & Max Gómez

20:30 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (12.00 €)

LUCÍA REY TRÍO

AIEnRUTa Jazz

20:30 H – Casa do Saber USC (Entrada gratuita con reserva en cultura.lugo@usc.es)

Venres 13 de novembro

ELINA DUNI & ROB LUFT FT. FRED THOMAS

Concerto conmemorativo organizado polo Concello de Lugo – 30 anos de jazz

20:30 H – Círculo das Artes (ENTRADAS ESGOTADAS)

ROBERTO NIEVA QUINTET

AIEnRUTa Jazz

20:30 H – Casa do Saber USC (Entrada gratuita con reserva en cultura.lugo@usc.es)

Sábado 14 de novembro

CLARENCE BEKKER BAND

18:00 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (12.00 €)

CLARENCE BEKKER BAND

20:30 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (12.00 €)

Domingo 15 de novembro

MIRYAM LATRECE QUARTET

AIEnRUTa Jazz

18:00 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (12.00 €)

MIRYAM LATRECE QUARTET

AIEnRUTa Jazz

20:30 H – Círculo das Artes – Escenario 1906 (12.00 €)

Escenas do cambio 2020

Cartel Escenas do cambio 2020

O Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio regresa con 10 espectáculos na súa sexta edición,  marcada polos grandes nomes da escena contemporánea actual.

Programa

31 de xaneiro
15:00h. Relay, de Ula Sickle. Cidade da Cultura.
20.30h. Pentecontés, de Pálido Domingo. Sala 1. Museo Centro Gaiás. 

1 de febreiro
19:00h. Caderno de vacacións, de Los Bravú. Museo Centro Gaiás.20.30 h. Ahora bailo yo, de Leonor leal. Auditorio Neira Vilas, de la Biblioteca de Galicia. 

2 de febreiro
19:00h. Legende, de Romain Teule. Salón Teatro.
19:00h . M/ohters, de Eszter Salamon. Sala 1. Museo Centro Gaiás. 

6 de febreiro
20.30h. Samedi Détende, de Dorothée Munyaneza. Teatro Principal. 

7 de febreiro
20.30 h. Please, continue (Hamlet), de Roger Bernat. Santiago de Compostela. 

8 de febreiro
19:00 h. Jerk, de Gisèle Vienne. Sala 1. Museo Centro Gaiás.
20.30 h. Tres vellas (polo menos), de Quico Cadaval, ‘Guti’ e Celso Fernández Sanmartín. Cidade da Cultura

XVI Zona da Zanfona

Cartel XVI Zona da Zanfona

Zona da Zanfona é un festival arredor deste instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo que cumple dezaseis anos neste 2020. Acontece na primeira fin de semana do mes de xullo e esta edición terá unha programación especial para cumplir cos protocolos de sanidade, hixiene e distanciamento físico que a situación require mais que non desatenderá ás actividades fundamentais que sempre ofrece ao público local e ao público especializado de outros lugares. Músicos especialistas e público en xeral que buscan o solaz na escoita deste fabuloso instrumento. aCentral Folque leva vinte anos divulgando os seus sons e este encontro é a data sinalada no calendario anual. O ZdZ ofrece na vila mariñeira e literaria de Rianxo unha desculpa para vir e desfrutar de concertos, cursos e convivio arredor da zanfona.

A programación deste ano pivota sobre tres eixos: concertos de balde, cursos de aprendizaxe e actividades online (en inglés para audiencias non presenciais).

Os concertos atenden a un criterio de especialización (o virtuoso Efrén López e as músicas mediterráneas), popular (o repertorio tradicional galego do dúo Sobre Rodas e a dramaturxia de Os Monifates) e as novas expresións recreadas (trío É Romance sobre o romanceiro tradicional ibérico). Esta edición non contará co “Palco Aberto”, unha mostra das escolas de zanfona do país que o domingo amosaban diferentes músicas o que aprenden ao longo do curso. Os concertos son de entrada libre e este ano deben ser con reserva do billete previa ao concerto que ademais terá o aforo limitado e distancia física entre público dictaminada polos protocolos de seguridade sanitaria.

Os cursos de interpretación serán igualmente con prazas limitadas. Serán o de iniciación con Óscar Fernández (para o que non se precisa instrumento propio pois empresta a organización) e de especialización con Efrén López.

Este ano ademais hai unha novidade apaixoante neste ámbito. Será o curso de construción dunha zanfona conducido polo artesán Suso Gestal. Seguindo os planos disponibilizados en aberto por Jaap e Fay Brand do seu modelo denominado Nerdy Gurdy, a equipa do ZdZ coa axuda inestimábel de Suso Gestal, desenvolveu un instrumento básico para ser montado nos dous días que dura o curso para asegurar que cada participante leva a casa unha zanfona funcional canda a aprendizaxe do xeito de facela.

Outra novidade deste ano será o programa da ZdZ dixital: actividades de divulgación especializada para unha audiencia internacional emitidas por Internet. Será unha aula maxistral con Steve Tyler, zanfonista inglés de longa traxectoria artística e unha palestra sobre cordas históricas e modernas coa canadense Tobie Miller, intérprete especializada en repertorio barroco para zanfona.

O ZdZ continua tamén coa divulgación de repertorio zanfoneiro coa terceira entrega do Cancioneiro #ZdZ, publicación de acceso gratuíto e descarga libre que pretende ser unha escolma de cancións coas aportacións dos docentes de escolas de zanfona de Galicia para ter un repertorio común de cancións populares e simples para todos os niveis. Podes descargar os dous primeiros destes cancioneiros aquí.

Programa

Concertos ZdZ

VENRES 3 XULLO. Auditorio de Rianxo. 22.30h

  • Efrén López. Solo.
  • Sobre Rodas: Luís ‘Caruncho’ e Carlos do Viso

SÁBADO 4 XULLO. Auditorio de Rianxo. 22.30h

  • Os Monifates: Alberto Millán e José Nebra
  • é Romance: Alba María, Queco Díaz e Uxía Muíño

Os concertos serán de balde previa inscrición por correo electrónico.

Cursos ZdZ

  • Zanfona Iniciación con Óscar Fernández. Venres 3 xullo. 16-20h (emprestamos instrumento!)
  • Zanfona Avanzado con Efrén López. Sábado 4 xullo. 10-19h
  • Zanfona Construcción con Suso Gestal. Venres 3 e sábado 4 de xullo. 10-20h

Lugar: Auditorio de Rianxo

ZdZ dixital

DOMINGO 5 XULLO

  • Master class con Steve Tyler. 18-21h (UTC+2). Curso online (en inglés).
  • Palestra con Tobie Miller.”Cordas para zanfona: das históricas ás modernas” 16-17h (UTC+2). Conferencia online (en inglés).

Compostela TradFest 2020

Cartel TradFest 2020 Compostela

O TradFest Compostela quere ser un fito senlleiro para Santiago. Herdanza recibida do “Certame Folk” que, logo de sete edicións, no 2019 cun novo nome e formato expansivo, incluínte, participativo e diverso ocupará ao longo dun día enteiro a programación das festas do Apóstolo no 26 de xullo con música de raíz, do tradicional á vangarda, da contemplación ao baile espontáneo, da autoría á composición colectiva.

Neste 2020 é unha edición adaptada á situación sanitaria sen renunciar a facer a festa e sexa esta unha data sinalada no calendario e irrenunciábel para a cidade.

Música, canto, baile, cursos, feira,… das tradicións renovadas nun punto de encontro e escaparate da música galega como arma de distracción masiva e ferramenta para construir unha identidade propia e un sentimento colectivo.

O TradFest Bonaval é a celebración musical en varios espazos. Camiños e prazas da cidade animadas polas ruadas de mañán e tarde; a Praza da Quintana cos concertos de encerramento e o Parque de Bonaval, espazo do antigo convento de San Domingos (hortas e templo) sobre as músicas de raíz traídos á contemporaneidade dos nosos días nun formato expansivo, incluínte, participativo e diverso para ocupar este lugar un día enteiro. Bonaval é o gonzo de Compostela. Unha bisagra que encarta a cidade por unha das súas entradas e a conecta con outra. Ao pé da cidade histórica é historia mesma.

Programa

PARQUE DE BONAVAL

Cantos

Espazo Porta da Música

  • 12:00 Barahunda
  • 14:00 Zeltia Irevire
  • 17:00 é Romance
  • 19:00 Laura Lamontagne

Músicas

Espazo Arcos

  • 13:00 Candorka
  • 18:00 Porcoteixos
  • 20:00 Anxo Lorenzo

Bailes

Espazo Xirola

  • 12:00 Bouba
  • 17:30 Altalaplana
  • 19:30 Os Monifates
  • 13:00; 16:30; 18:30 Cobos & Prieto (cursos)

Feira

Espazo Esplanada. Todo o día

  • Mostra de instrumentos musicais
  • Libros
  • Cd’s

IGREXA DE BONAVAL

  • 11:30 Ivan Vilela
  • 13:00 Fernando Barroso
  • 18:30 Pärbo (Pintos & Riobó)
  • 20:00 Abraham Cupeiro

PRAZA DA QUINTANA

  • 12.30 Banda Municipal de Música: “De Tradición con Suso Vaamonde
  • 21.00 Ailá
  • 22.00 Tanxugueiras

RUADAS

  • Acivreira
  • Habelas Hainas
  • Os Estalotes
  • Os Monifates

II Jazz da rúa nova

Cartel 2 Festival Jazz da Rúa Nova

Jazz da Rúa Nova é un programa que se desenvolverá nas marxes do Jazz habitual valorizando o patrimonio musical local ao redor deste estilo. Terá lugar o vindeiro 3 de outubro nos barrios da Peregrina e do Romaño/Vista Alegre. Roteiro con intervencións artísticas, palestra sobre o jazz en Compostela, unha performance e un concerto para presentar un novo proxecto coa revisión das cantigas medievais en clave jazzística.

O Jazz forma parte da cultura musical compostelana desde hai máis de un século. A fins do XIX no Café Casino xa se organizan bailes nos seus grandes salóns ao son do cake-walk. Logo virían os anos do Charlestón e as Jazz-band que se presentaban no lendario QuiQui bar. Xa para fins do s.XX a cidade comeza a albergar progresivamente concertos, clubs, bandas, escolas… No s. XXI chega a madurez e con ela as novas creacións fundamentadas no patrimonio musical local. Esta é a segunda edición dun programa que comezou no 2019 co I Jazz da Rúa Nova con concertos no Teatro Principal, unha programación que quer profundar en experiencias derivadas da nova cultura do Jazz galega e compostelana.

Para a II edición apóstase por sacar o Jazz do confinamento en bares, salas e teatros e levalo de forma natural e lúdica ás parroquias, deseñando actividades lúdicas e integradoras pensadas para contar, ademais do público incondicional do xénero, coa participación de público familiar e interxeracional. A programación concentrada na xornada do sábado 3 de outubro, convida a cidadanía a mergullarse e facer parte da nosa particular e diversa “cultura do Jazz” incluíndo roteiros, poesía, performance, conferencias e concertos. As actividades desenvolveranse no norte do Concello, as da mañá na parroquia da Peregrina e as da tarde no Romaño.

Programa

RoteiroOrnitology. Con Nastasia Zürcher e Ramón BermejoQuico Cadaval.
12 h. Paseo circular da Peregrina. Saída desde o quiosco da música. en caso de choiva, no CSC da Peregrina.

PerformanceRosas Negras. Con Chefa Alonso e Marina Oural
13h. CSC da Peregrina.

PalestraAs orixes do Jazz en Compostela. Con Beatriz e Alberto Cancela
19h. CSC do Romaño

Concerto. Pablo Sanmamed: Ben vennas Maio. Con Begoña Olavide (salterio e voz), Elena Tarrats (voz), Xurxo Varela (viola de gamba), Iago Mourinho (piano), Chus Pazos (batería) e Pablo Sanmamed (dirección e contrabaixo).
20.30h. CSC do Romaño

Programa extendido

Ornitology. Con Nastasia Zürcher e Ramón Bermejo; Quico Cadaval.

Esta iniciativa consiste nun singular Roteiro circular, de dificultade baixa, que transcorre pola contorna da parroquia da A Peregrina. Contará cun máximo de 40 participantes. No seu desenvolvemento haberá distintas paradas nas que intervirán o narrador Quico Cadaval e as voces do canto de Natascha Zucker e Ramón Bermejo. Historias do Jazz de Compostela, Jazz voices e unha escoita activa dos cantos dos paxaros para homenaxear ao clásico Ornitology de Charlie Parker.

Rosas Negras. Con Chefa Alonso e Marina Oural

Rosas Negras é unha proposta artística interxeracional cunha aposta pola improvisación libre na música e a voz na declamación natural. Xúntanse dúas creadoras de ámbitos moi diferentes na procura do fío que as une: compartir arte escénica para mellor saúde. Música, texto, corpo e voz, deixan o silencio fluir para maior escoita do verso como se de pétalos se tratase. Marina Oural e Chefa Alonso, criban a semente das rosas e tocan as espiñas, cunha intención clara de fincarse no radical, na raíz profunda onde comeza a vida e se anuncia a morte. Unha pro­posta escénica para todos os públicos, para que a vida suceda nunha creación moi persoal ao longo de 45 minutos.

 As orixes do Jazz en Compostela. Con Beatriz e Alberto Cancela

A musicóloga compostelana Beatriz Cancela é unha profunda coñecedora do patrimonio musical de Santiago e atesora prestixiosas e premiadas publicacións monográficas como as dedicadas a Santiago Tafall, a Banda de Música Municipal ou a familia Courtier. Para a presente edición de Jazz da Rúa Nova Beatriz nos sorprenderá, en colaboración co tamén musicólogo Alberto Cancela, coas descubertas da súas investigacións inéditas sobre a historia do Jazz en Santiago.

Ben vennas Maio. Pablo Sanmamed ofrece unha visión contemporánea sobre a música trovadoresca tendo como punto de partida as cantigas de Afonso X e Martín Códax. Na estética musical do proxecto conviven elementos dispares de orixe como a lingua galego-portuguesa, as melodías coetáneas de influencia arábigo-andalusí e uns arranxos na sección harmónica e rítmica coa linguaxe do jazz contemporáneo. Unha selección única de voces, timbres, sonoridades, textos e melodías. Un proxecto único e inédito que se presenta en concerto para este Jazz da Rúa Nova que se publicará a finais de ano publicado nun disco vinilo.

XIII Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

Cartel FITO Ourense 2020

Este novo FITO, que cumprirá trece escintilantes edicións, é o resultado do compromiso coas artes escénicas e cos cidadáns de Ourense, un compromiso que se mantén aínda que veñan “mal dadas”. Este ano, o festival conta cun novo apoio no Concello de Barbadás e mantéñense os apoios tanto do Teatro Principal como da Excma Deputación de Ourense, a Axencia Galega de Industrias Culturais e a Universidade de Vigo. 

Conscientes das limitacións, a organización busca máis ca nunca a excelencia e a eficacia na programación, pondo ao dispor da realización do Festival todos os recursos da compañía Sarabela Teatro. Procurouse facer unha escolla magnífica coa responsabilidade máxima, crendo firmemente no poder salvífico da cultura.

“O teatro sana e imos remar a favor.”

Programa FITO 2020

Mércores 14 de outubro

19’00 h. BARBADÁS. CEIP FILOMENA DATO
COMPAÑÍA: MONO HABITADO (PAÍS VASCO)
ESPECTÁCULO: Primatum, un tropezo na carrera espacial

Xoves 15 de outubro

19’00 – 20’00 – 21’00 h. BARBADÁS. CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA
COMPAÑÍA: MONO HABITADO (PAÍS VASCO)
ESPECTÁCULO: Benditas

 20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: LA QUINTANA EN COPRODUCIÓN CO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO (CDG) (GALICIA)
ESPECTÁCULO: O Premio .ESTREA!!.

Venres 16 de outubro

21’00 h. BARBADÁS. CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA
COMPAÑÍA: CÁMARA NEGRA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Si esto es un hombre

19’00 h. CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL
INSCRICIÓNS: fitoourense@yahoo.es
COMPAÑÍA: TEATRO BAIXO A AREA  (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Poeta en Nova York 2.0

Sábado 17 de outubro

20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: ELEFANTE ELEGANTE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Dreaming Juliet

21’00 h. BARBADÁS. CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA
COMPAÑÍA: VACABURRA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: O raro é que bailar sexa raro

Domingo 18 de outubro

20’00 h. TEATRO PRINCIPAL 
COMPAÑÍA: MATARILE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: O Diaño na praia

Venres 23 de outubro

20’00 h. TEATRO PRINCIPAL 
COMPAÑÍA: BUTACA ZERO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Despois das ondas

Sábado 24 de outubro

20’00 h. TEATRO PRINCIPAL 
COMPAÑÍA: BELOVA-IACOBELLI (CHILE/BÉLXICA)
ESPECTÁCULO: Chaika

Domingo 25 de outubro

5 PASES de 12’00 a 14’00 e de 16’30 A 19’30 h. BARBADÁS. CEIP FILOMENA DATO 
COMPAÑÍA: ALAUDA (BURGOS)
ESPECTÁCULO: Ingenii machina

Información

Venda de billetes

No Teatro Principal dende o primeiro día do Festival, para todos os espectáculos programados nese espazo.

Horario do despacho de billetes

Teatro Principal (988 317 960): 2 horas antes do comezo do espectáculo.
Acceso aos espazos desde media hora antes do comezo da función.

Tarifas

Prezo dos billetes

  • TEATRO PRINCIPAL: 8€. Estudantes, xubilados e persoas en situación de desemprego 5€
  • CASA DA CULTURA DE BARBADÁS: GRATIS
  • De balde os espectáculos e animacións de rúa.

XXV Festival Internacional Galicreques 2020

Cartel do Festival Internacional Galicreques 2020

O Festival Internacional de Galicreques celebra o seu 25 aniversario con máis de 40 funcións e actividades entre o vindeiro 10 e o 18 de outubro. O Festival creouse en Santiago de Compostela en 1996 pola Asociación Cultural Barriga Verde e nel participan compañías de todo el mundo.

Programación

Sábado 10 de Outubro 2020

13.00h Fantoches Baj. “Velocíclopes”. Praza Toural (ruada)
13.30h 
Sofía Ferrari. “CruCru Show”. Parque da Alameda
14.00h 
Moving Compass. “Os limpabotas”. Praza Praterías
17.00h 
Sofía Ferrari. “CruCru Show”. Praza Praterías
18.00h 
Moving Compass. “Os limpabotas”. Parque Vista Alegre (soportais Fundación SGAE)
19.00h 
Marionetas Rui Sousa. “Teatro Dom Roberto: O barbeiro / A Tourada”. Parque da Alameda

Domingo 11 de Outubro 2020

12.30h Marionetas Rui Sousa. “Teatro Dom Roberto: O castelo assombrado/ O barbeiro”. Parque Vista Alegre (soportais Fundación SGAE)
13.00h 
ART-Monium. “Festa rachada III”. Parque da Alameda (ruada)
13.30h 
Sofía Ferrari. “CruCru Show”. Praza Praterías
14.00h 
Moving Compass. “Os limpabotas”. Praza Toural
17.00h 
Sofía Ferrari. “CruCru Show”. Praza Roxa
18.00h 
Moving Compass. “Os limpabotas”. Praza Praterías
18.30h
 ART-Monium. “Festa rachada III”. Parque da Alameda (ruada)

Luns 12 de Outubro 2020

13.00h Marionetas Rui Sousa. “Teatro Dom Roberto: O Zé do telhado / O castelo assombrado”. Praza Praterías
13.30h 
Moving Compass. “Os limpabotas”. Carpa da Alameda
14.00h
 Sofía Ferrari. “CruCru Show”. Praza Roxa
17.00h 
Títeres Cachirulo. “Alicia no país da marabillas”. Teatro Principal
18.00h 
Moving Compass. “Os limpabotas”. Praza Toural
18.00h 
Títeres Cascanueces. “Unha armadura con ferruxe”. Carpa da Alameda
19.30h 
Sofía Ferrari. “CruCru Show”. Carpa da Alameda

Martes 13 de Outubro 2020

18.00h Habib & Valeria. “O dia em que a Morte sambou”. CSC Santa Marta
18.00h
 Alúa Teatro. “No es el fin del huerto de Fermín”. Carpa da Alameda
20.00h 
Xarop Teatre. “Las tres cerditas”. Teatro Principal

Mércores 14 de Outubro 2020

13.00h  Mesa redonda: Premio Galicreques 2020. Teatro Principal
18.00h Papabuis. “Cantamos?”. Carpa de la Alameda
18.00h 
Xarop Teatre. “Las tres cerditas“. CSC Santa Marta
19.30h Proxección: La Espada de Madera. “El mundo en un pañuelo”. Parque da Alameda (Emisión en pantalla)
20.00h 
Producións Teatrais Alakrán. “Finisterrae: o último ultramarinos”. Teatro Principal

Xoves 15 de Outubro 2020

11.00h Obradoiro. “Laboratorio de obxectos” de Alba Grande. Carpa da Alameda (previa inscripción na sección de cursos desta web)
18.00h 
Teatro de Marionetas Trécola. “O show de Barallocas”. Carpa da Alameda
19.30h 
Proxección: Documental de Títeres Cachirulo “A Barraca polo Camiño”. Parque da Alameda (Emisión en pantalla)
20.00h 
Miragres (Spaguetti Títeres/Mircromina Teatro). “Miragres”. Teatro Principal

Venres 16 de Outubro 2020

De 17.00 a 20.00 h Obradoiro de construción de monicreques para nenos e nenas. Praza Toural
18.00h Teatro de Marionetas La Estrella. “El Circo Malvarrosa”. Carpa da Alameda
18.00h
 Teatro Arbolé. “Veoleo”. CSC de Vite
19.30h
 Proxección: El Chonchón. “Los cómicos del 900″. Parque da Alameda (Emisión en pantalla)
20.00h
 Krisálida. “Plastikus”. Teatro Principal

Sábado 17 de Outubro 2020

De 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h Obradoiro de construción de monicreques para nenos e nenas. Praza Toural
12.00h
 Teatro de Marionetas La Estrella. “El Circo Malvarrosa”. CSC de Conxo
12.30h
 La Gotera de Lazotea. “La gallina Churra“. Teatro Principal
13.30h
 Teatro de Marionetas Trécola. “O show de Barallocas”. Carpa da Alameda
17.30h
 Títeres Cachirulo. “As Xeneralas da Ulla”. Praza Praterías
18.00h
 O Mago Paco. “Hocus Pocus”. Parque Vista Alegre (soportais Fundación SGAE)
18.00h
 Teatro Arbolé. “Veoleo”. Carpa da Alameda
18.00h
 Habib & Valeria. “O dia em que a Morte sambou”. CSC de Fontiñas
19.30h
 Proxección: Teatro del Tapial. “La fabulosa aventura de Teo y los libros”. Parque da Alameda (Emisión en pantalla)
20.00h
 Víctor Biau. “El hombre que plantaba árboles”. Teatro Principal

Domingo 18 de Outubro 2020

De 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h Obradoiro de construción de monicreques para nenos e nenas. Praza Toural
12.00h
 Habib & Valeria. “O dia em que a Morte sambou”. CSC do Castiñeiriño
12.30h
 Panta Rhei. “Corre payasa corre”. Teatro Principal
12.30h
 Teatro de Marionetas La Estrella. “El Circo Malvarrosa”. Parque Vista Alegre (soportais Fundación SGAE)
14.00h
 Títeres Alakrán. “Circo Galaico”. Carpa da Alameda
18.00h
 A Xanela do maxín. “A viaxe de Saira”. Carpa da Alameda
20.00h
 Moving Compass. “Gaia Baba”. Teatro Principal


En caso de choiva, as actividades de rúa en Praza Toural, Praza Praterías e ruadas suspenderanse.

XXXIII Circuítos Teatrais de Moaña Celso Parada

XXXIII Circuítos Teatrais de Moaña Celso Parada

Volven os Circuítos Teatrais de Moaña, a pandemia non puido cun evento cultural tan consolidado que cumpre este mes a súa 33º edición cun cambio de nome, xa que a partir de agora chamarase “Circuítos Teatrais de Moaña Celso Parada”, en homenaxe ao ilustre actor moañés que sempre participou de forma activa neste programa outonal, tanto desde o escenario como axudando na organización.

Nesta edición, ponse un importante límite no aforo (100 entradas por espectáculo). As entradas poranse á venta na web do Concello desde o martes anterior a cada representación e cada persoa poderá adquirir un máximo de dúas entradas. Ademáis, la edición de este año iniciará un nuevo nombre para el evento, que se llama ahora “Circuítos Teatrais de Moaña Celso Parada”, en homenaje al ilustre actor moañés fallecido hace un año y que participó siempre de forma activa en este programa otoñal tanto desde el escenario como ayudando en la organización.

Programa

Venres 9 de outubro

21:00h – “O mel non caduca” de Ibuprofeno Teatro

Sábado 17 de outubro

21:00h – “Tres Vellas (polo menos)” de Producións Excéntricas

Domingo 25 de outubro

20:00h – “Commedia” de Contraproducións

Venres 30 de outubro

21:00h – “Celebración. A gran noite” de Sarabela Teatro

XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo

Cartel do XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo

Os días 10 e 11 de outubro terá lugar o XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo, organizado polo Concello de Moaña que contará nesta edición cos concertos de Tiruleque, Pepe Vaamonde e Leilía.


Como gran novidade, esta edición será emitida en directo en streaming aberto a través da canle de Facebook do Festival Intercéltico do Morrazo e da plataforma Tolemias.

O Festival celebrarase cumprindo todas as medidas sanitarias nunha carpa instalada no paseo marítimo de Moaña con aforamento para 300 persoas. As entradas poderanse adquirir de balde a partir do martes 6 na oficina de turismo de Moaña e as sobrantes a partir do xoves 8 por pasarela dixital, de todo isto vos manteremos informados.

Cartel: Diego Seixo

Sábado 10 de outubro

Domingo 11 de outubro

Corufest 2020: 3º Festival de Artes Escénicas pola diversidade afectivo-sexual

Corufest 2020

Danza, música, artes plásticas, teatro e narración oral danse cita na tercera edición do festival Corufest, que terá lugar entre o 8 e o 11 de outubro en diferentes espacios de A Coruña: Teatro Colón, Teatro Rosalía de Castro, Centro Ágora, Fórum Metropolitano, Casa Casares Quiroga e Bibliotecas Públicas Municipales de A Coruña. O Festival, que naceu en A Coruña en novembro de 2018 como un Festival de Artes Escénicas que aposta pola programación de accións para dar visibilidade á liberdade afectivo-sexual como un lugar de reflexión e diálogo cultural, inclúe nesta edición novidades como proxeccións, exposicións, encontros con autores e obradoiros; actividades que se suman ás xa tradicionais citas coa música, o teatro e a danza. Todas, con contidos LGTBIQ+.

Programa

8 de outubro

  • .ESCRITA. 19:00 h. na Biblioteca Municipal Ágora, Clube de Lectura Queer co famoso escritor Roy Galán.
  • .MÚSICA. 20.30 h. no Teatro ColónRodrigo Cuevas repite no festival co seu espectáculo “Trópico de Covadonga“, co que aborda o concepto do tempo e os ciclos do ano en formato cancioneiro popular contemporáneo.

9 de outubro no Teatro Colón:

  • .VARIOS. 18:00 h. a terceira edición do Ciclo Alas, en que se presentará o libro “El fin del armario” de Bruno Bimbi e o documental “Fighting Barriers” de Tomás Fábregas.
  • .TEATRO. 20:30 h. será a quenda de “Dados”, da compañía Ventrículo Veloz.

10 de outubro no Centro Ágora:

  • .DANZA. 17.30 h co obradoiro de danza “voguing” impartido por Galaxia La Perla e a continuación ás 19.00 h falará do seu traballo.
  • .TEATRO. 20.30 h, representarase Microspectivas dun marica millenial de Cía Incendiaria, un espectáculo de teatro-danza interpretado por Davide González e dirixido por Vanesa Sotelo

11 de outubro:

  • .TEATRO. 12:00 h. no Fórum Metropolitano estará Victoria Pérez, acompañada de Manu Fernández, co seu espectáculo “Rosa e azul”, unha sesión de contos que celebra a diversidade LGTBIQ e que racha cos estereotipos de xénero e binarismo impostos desde que nacemos.
  • .DANZA. 20:30 h. no Teatro Rosalía de Castro, o espectáculo “Várvara”, de Bárbara Sánchez. Un achegamento feminista ao arquetipo cristián de María Magdalena.

E ademais, do 7 ao 11 de outubro, na Casa Casares Quiroga estará exposta a obra do artista multidisciplinar Cachorro Lozano, o creador das tres láminas dos carteis do Corufest 2020.

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!