XXXVII Festival Intercéltico do Morrazo

Cartel do XXXVII Festival Intercéltico do Morrazo

Presentación

O XXXVII Festival Intercéltico do Morrazo, organizado polo Concello de Moaña, terá lugar os días 30, 31 de xullo e 1 de agosto de 2021. Nesta edición poderemos gozar dos concertos de 3 agrupacións galegas e unha asturiana: Xosé Lois Romero e Aliboria, Xisco Feijoó, Susana Seivane e Felpeyu.
Esta 37ª edición do FIM será emitida en directo en streaming aberto a través da canle de Facebook do Festival e da plataforma Tolemias.

Programa FIM2021

Venres 21 de xullo

  • Xosé Lois Romero e Aliboria (Galicia)

Sábado 31 de xullo

  • Xisco Feijoó (Galicia)

Domingo 1 de agosto

  • Susana Seivane (Galicia)
  • Felpeyu (Asturias)

uscénica 2021 – Festival de artes escénicas

Cartel uscenica 2021

Presentación

En tempos complexos coma os que vivimos, poucos elementos teñen tanta capacidade de contribuír á dinamización e reforzo das relacións sociais e persoais como a cultura. Por iso a USC, nesta chamada nova normalidade, reforza a súa aposta por aquilo que nos une e nos inspira, por todas e cada unha das súas formas. É a cultura USC.

O festival de artes escénicas da Universidade de Santiago, USCénica, inicia o martes día 22 unha nova edición con máis de unha vintena de propostas. Ata o día 10 de xullo programa teatro, danza, música e proxecións en diferentes espazos da cidade, como o Salón Teatro, o Principal, a Igrexa da USC e a Sala Roberto Vidal Bolaño. O complemento serán catro cursos formativos. Ao longo de tres semanas, a programación permitirá achegarse a parte da creación escénica de Galicia xa que participarán compañías como Glovo Danza, Cámara Negra, The Swinging Flamingos, Pablo Seoane, Diego Anido, Javier Martín, Lorena Conde, Iago Mourinho Trío, Ana Gesto, entre outros.

Programa

Martes 22 de xuño

Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño

  • 20:00h – Encontro: Rodrigo García

Mércores 23 de xuño

Terraza do Auditorio da Universidade

  • 21:00h – Glovo Colectivo de danza: EM · NA (30min)
  • 22:00h – Concerto: Yago Vázquez Trío (Terraza do Auditorio da USC)

Xoves 24 de xuño

Salón teatro

Venres 25 de xuño

Teatro Principal

  • 21:00h – Aula de Teatro da USC: A Casa da Forza (2, 52 – 88) (60min)

Sábado 26 de xuño

Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
Terraza do Auditorio da USC

  • 21:00h, 21:30h e 22:00h – Belén L. Yáñez: Encounters (20min)
  • 23:00h – Proxección: Los Limones, La Nieve y Todo lo Demás de Matarile Teatro (59min)

Martes 29 de xuño

Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño

  • 20:00h – Encontro: Baltasar Patiño: Reacciones entre Luz Espacio Sonido
  • 22:00h – Concerto: The Swinging Flamingos

Mércores 30 de xuño

Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño

  • 21:00h e 21:45h – David Creus: Insomnio de Calamar (25min)

Xoves 1 de xullo

Salón Teatro

  • 21:00h – Diego Anido: O Alemán (45min)

Venres 2 de xullo

Teatro Principal

  • 21:00h – Javier Martín: Teorema (70min)

Sábado 3 de xullo

Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
Terraza do Auditorio da USC

  • 21:00h – Cinema Sticado: Strpts (60min)
  • 23:00h – Proxección: Resaca (68min)

Martes 6 de xullo

Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño

  • 20:00h – Encontro: Ana Vallés: Touché! (el tacto y la distancia)
  • 22:00h – Concerto: Iago Mourinho Trío

Mércores 7 de xullo

Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño

  • 21:00h – Pablo Seoane: Phármakon (55min)

Xoves 8 de xullo

Igrexa da Universidade

21:00h – Gena Baamonde, Rut Balbís, Cristina Balboa, Sabela Domínguez, Julia Laport, Manu Lago, Verónica Moar, Jas Processor, Andrea Quintana, Paula Quintas: Clásicas Desfeitas, Vol. 3 (50min)

Venres 9 de xullo

Teatro Principal

  • 21:00h – A Feroz: Santa Inés (80min)

Sábado 10 de xullo

Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
Xardín do Auditorio da Universidade

  • 21:00h – Ana Gesto: Concerto para Ferreñas e Do de peito (Da Capo al Fine) (30min)
  • 22:00h – Concerto peche: Marta Casais & Benjamín Vázquez + Sesión DJ con Jas Processor

Atopémonos bailando 2021

Cartel Atopémonos Bailando 2021

Atopémonos bailando é o proxecto de reactivación de Colectivo Glovo en colaboración co Concello de Lugo e o apoio de Agadic, Xacobeo 2021 e Xunta de Galicia no que se reúnen varias artistas emerxentes da danza de Galicia a través dun programa de residencia, formación, mediación e exhibición na cidade de Lugo no 2020 e 2021: Elahood (Julia Laport e Sabela Domínguez), Alejandra Balboa, Alba Fdez Cotelo + Estefi Gómez · Cía Exire, Cris Vilariño, Colectivo Glovo e a cronista cultural: Nieves Neira.

Programa 2021

​OBRADOIROS

  • Día 13 de abril de 17.30h a 19.30h.
    • Obradoiro de Cris Vilariño na Escola Palimoco.
    • Público destinatario nenas e nenos de 9 a 12 anos. 
  • ​Día 17 de abril de 10h a 11.30h.
    • Obradoiro de Alejandra Balboa no MIHL.
    • Público destinatario: todos xs interesados.
  • ​Día 17 de abril de 12h a 13.30h.
    • Obradoiro de Elahood no MIHL.
    • Iniciación ao Waacking
    • Público destinatario: todos xs interesados.
  • ​Día 17 de abril de 16h a 17.30h.
    • Obradoiro de Cía Exire no  MIHL.
    • Público destinatario estudiantes de danza.

INSCRICIÓNS: Enviar nome, apelidos, email, teléfono de contacto, idade e número de DNI a colectivoglovo@gmail.com indicando o obradoiro/s no que se está interesadx.

FUNCIÓNS

  • Venres 16 de abril no Auditorio Gustavo Freire · 20:00h
    • Alejandra Balboa Espectáculo Vertebrata (10’)
    • Elahood Espectáculo Impermeable  (10’)
    • Cía. Exire Espectáculo NEXOS (15’)
  • Sábado 17 de abril no Auditorio Gustavo Freire · 20:00h
    • Cris Vilariño Espectáculo Cyan (15’)
    • Colectivo Glovo Espectáculo M A P A (15’)
    • Alba Fernández Cotelo Espectáculo ON (10’)

Festival Primavera en Danza (XIX Edición)

Cartel do 29 Festival Primavera en Danza de Carballo

Primavera en Danza volve do 9 ao 23 de abril coincidindo coa celebración do Día Internacional da Danza (29 de abril). Nesta 29º edición, o Festival regresa á súa estación habitual cun programa único en Galicia que inclúe 5 espectáculos entre os que haberá unha estrea do espectáculo “Mocap”, do creador Matías Daporta.

Programa

Venres 9 de abril

20.00 h. “Emigrantas”, Kirenia Danza (Galicia). Público adulto.

Venres 16 de abril

20.00 h. “Bailar agora”, Marta Alonso Tejada (Galicia). Todos os públicos.

Domingo 18 de abril

18.00 h. “Nina Ninette”, Paula Quintas – Traspediante (Galicia). Público infantil e familiar.

Xoves 22 de abril

20.00 h. “Mocap”, Matías Daporta (Galicia). Estrea absoluta . Público adulto.

Venres 23 de abril

20.00 h. “After the party”, Thomas Noone Dance (Cataluña). Público adulto.

Singular 2021. VI Festival Internacional de Monólogo Teatral

VI Festival Singular de Narón

Presentación

Singular, Festival Internacional do Monólogo Teatral de Narón, A Coruña, celebra a súa sexta edición do 6 ao 28 de marzo cunha programación de dez espectáculos (dúas estreas) que serán representados maioritariamente no Pazo da Cultura de Narón. Tódalas obras teñen en común ser unipersonais, símbolo de identidade deste festival que naceu co obxecto de potenciar as propostas dramáticas cun único intérprete sobre o escenario. O festival compleméntase con tres actividades paralelas: unha mesa redonda e dous cursos.

Programa

Sábado 6 de marzo

20:00h Pazo da Cultura
La habitación de María – PENTACIÓN ESPECTÁCULOS (Madrid)

Venres 12 de marzo

20:30h Pazo da cultura
Libre coma os paxaros – TEATRO DO ATLÁNTICO (Galicia) – ESTREA

Sábado 13 de marzo

20:00h Pazo da cultura
Libre coma os paxaros – TEATRO DO ATLÁNTICO (Galicia)

Domingo 14 de marzo

18:00h Café Teatro Pazo da Cultura
Feo! – CARAMUXO TEATRO (Galicia)

Venres 19 de marzo

20:30h Pazo da Cultura
Crónica dunha heterosexual insatisfeita – CÍA VERDEVERAS EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS + CDG (Galicia)

Sábado 20 de marzo

20:00h Pazo da Cultura
Mocos – CONTRAPRODUCIÓNS

Domingo 21 de marzo

18:00h Café Teatro Pazo da Cultura
Fíos – BAOBAB TEATRO (Galicia)

Venres 26 de marzo

20:30h Pazo da Cultura
Chola a it girl – ARTESACÍA (Galicia)

Sábado 27 de marzo

20:00h Pazo da Cultura
L@s niñ@s de Winnipeg – A LLAVE MAESTRA (Chile)

Domingo 28 de marzo

18:00h Café Teatro Pazo da Cultura
Semente – EME2 PRODUCCIÓNS (Galicia)

Actividades paralelas

Venres 19 de marzo, 18h

Mesa redonda: “Circulación internacional de espectáculos teatrais”

  • Octavio Arbeláez, Director do Festival de Manizales (Colombia)
  • Gustavo Zidán, Responsable Programación de Motevideo (Uruguay)
  • Zaida Sánchez Rico, Secretaria Técnica de Iberescena (Costa Rica)
  • Mario Vega, Director de MAPAS (Tenerife)
  • Jacobo Sutil, Director da AGADIC
  • Modera a Mesa: Paulo Rodríguez, Director
  • Teatro “Rosalía de Castro”

20 de marzo, de 9h a 12h

Curso: “Festival Mueca. Una experiencia de gestión coparticipada”

Impartido por Marcelino Martín, Director do Festival MUECA

22-25 de marzo, de 18h a 21h

Curso de interpretación actoral

A cargo de María Barcala, actriz galega e cofundadora de Teatro do Atlántico.


Singular 2020. V Festival Internacional de Monólogo Teatral

V Festival Singular de Narón

Presentación

O “Festival Singular, Festival Internacional de Monólogo Teatral”, nace co obxecto de potenciar as propostas dramáticas unipersoais. O soliloquio forma parte da historia do teatro desde os seus inicios, xeralmente en accións dramáticas que formaban parte de propostas corais. A mediados do século XX, desenvólvense monólogos dramáticos asociados á vangarda teatral. A finais do século XX, explota como fenómeno de masas o monólogo cómico que conta cunha popularidade que fai habitual o desexo do cartel de non hai localidades.

Programa 5ª Festival Singular

Domingo 7 de marzo – 20:00h

La señora de rojo sobre fondo gris – PENTACIÓN ESPECTÁCULOS (Madrid)

Sábado 13 de marzo – 20:30h

Helena. Xuízo a unha lurpia – TEATRO DO ATLÁNTICO (Galicia)

Domingo 14 de marzo – 20:00h

Olympia – TEATRO ANDANTE (Brasil)

Sábado 20 de marzo – 20:00h

Guerra de Identidade – CÍA. DEUVE (Galicia)

Domingo 21 de marzo – 20:00h

Autorretrato de un joven capitalista español – TEATRO DEL BARRIO (Madrid)

Sábado 27 de marzo – 20:30h

O estado cru – IRIA SOBRADO (Galicia)

Domingo 28 de marzo – 20:00h

La ciudad de las damas – CÍA. NUEVE NORTE (Cuba)

Outras actividades

13 marzo, 18–20h

Mesa redonda: “Circulación internacional de espectáculos teatrais”
Con Ana Belén Santiago, Beatriz Quintero, Gustavo Zidán, Octavio Arbeláez e Jacobo Sutil
Café Teatro do Pazo da Cultura

14 marzo, 10–11h

Coloquio: “Festival Mueca. Unha experiencia compartida”
Con Marcelino Martín
Café Teatro do Pazo da Cultura

14 marzo, 11.30–13.30h

Rolda de negocios con compañías de teatro galegas. Vender ao exterior
Pazo da Cultura

13–21 marzo

Singulariño
Intervencións de 15 minutos de Monólogos teatrais creados para o Festival Singular en espazos non convencionais de Narón
Distintos espazos

16–20 marzo

Obradoiro “Técnica de entrenamento de actores a través de bastóns”
Con Marcelo Bones
Escola de teatro de Narón

5º Festival de Títeres Tradicionais – TITIRIBERIA 2020

Cartel TITIRIBERIA 2020 - V Festival de Títeres Tradicionais

Presentación

O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, celebra a súa quinta edición en Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. En total, unha ducia de funcións conformarán o programa deste ano no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros. Nesta edición de 2020, a primeira que se celebrará en Rianxo tras catro anos no municipio de Teo, o  Titiriberia incluirá unha programación cuxo obxectivo principal será, un ano máis, achegarlle ao público a longa tradición do títere tradicional, xénero escénico cun gran arraigamento histórico na cultura galega.

Neste ano tan insólito e complexo por mor da pandemia, o festival adaptarase ás circunstancias, cumprindo co máximo rigor con todas as medidas sanitarias en canto á protección individual e a limitacións de aforos. Ademais, para garantir o máximo acceso posible ao público, poderase seguir pola rede o conxunto da programación a través da canle https://www.youtube.com/user/morreuodemo

Programa TITIRIBERA 2020

Martes 22 de decembro

  • O horroroso crime de Xan Miñoca – VIRAVOLTA TÍTERES
    • 17:00, 19:00 no Centro Sociocultural A Capela do Araño – 50 min, todos os públicos

Mércores 23 de decembro

  • Victoria. Nostalxias do pasado – DIÁSPORA TEATRO
    • 12:00 a 14:00 no Mercado (soportais da Praza Castelao) – 5 min, +12 anos
  • Este espectáculo foi ilegal – SEISDEDOS MARIONETAS
    • 12:00 a 14:00 no Mercado (soportais da Praza Castelao) – 5 min, adultos
  • O baúl de Barriga Verde – TÍTERES CASCANUECES
    • 18:00 no Centro Sociocultural A Capela do Araño – 50 min, todos os públicos

Sábado 26 de decembro

  • O baúl de Barriga Verde – TÍTERES CASCANUECES
    • 12:00 no CCD de Taragoña – 50 min, todos os públicos
  • Conferencia: “Commedia dell’arte: artesanía teatral”
  • 19:30 no Centro Sociocultural A Capela do Araño – +16 anos

Domingo 27 de decembro

  • Teatro á feira – A COVA DAS LETRAS
    • 12:00 no CCD de Taragoña – 50 min , todos os públicos
  • Ratas! – INDIGNATI Asociación Galega de Commedia dell’Arte
    • 18:00 no Auditorio de Rianxo – Sala “Arcos Moldes” – 50 min, todos os públicos

Luns 28 de decembro

  • Os romeiros do caracol – FANTOCHES BAJ
    • 18:00 no Auditorio de Rianxo – Sala “Arcos Moldes” – 50 min, +5 anos
  • Mesa redonda: A innovación da Cachaporra. Novos xeitos para traballar a tradición
    • 20:00 no Auditorio de Rianxo – Salón de actos – 90 min, adultos

Martes 29 de dembro

  • O conto de Barriga Verde – FRAN REI
    • 17:00, 19:00 no Centro Social da Atalaia – Asados – 50 min, +3 anos

Mércores 30 de dembro

  • Victoria. Nostalxias do pasado – DIÁSPORA TEATRO
    • 12:00 a 14:00 no Mercado (soportais da Praza Castelao) – 5 min, +12 anos
  • Este espectáculo foi ilegal – SEISDEDOS MARIONETAS
    • 12:00 a 14:00 no Mercado (soportais da Praza Castelao) – 5 min, adultos
  • As varietés do Barriga Verde (GALICIA) – IRIA PINHEIRO + ÁUREAS
    • 20:00 no Auditorio de Rianxo – Sala “Arcos Moldes” – 120 min, adultos

OBRADOIRO

  • Iniciación á commedia dell’arte por Nando Llera
    • Días 26, 27 de 10:00 a 14:00 no Centro Sociocultural A Capela do Araño – +16 anos
    • Inscrición: info@barrigaverde.eu
    • Prezo: 30€ (50% de desconto ás persoas dos grupos de teatro amador de Rianxo)

EXPOSICIÓNS

  • Kinetiko – XIRAPAUS
    • 22, 23, 26, 27 – 11:00 > 14:00 / 16:00 > 20:00
    • Casa de Cultura Cuartel Vello (todos os públicos)
  • Onde foi Barriga Verde? – MORREU O DEMO
    • 22 e 23 nos horarios das actuacións
    • Centro Sociocultural A Capela do Araño (todos os públicos)
    • 28 > 30 – 09:00 > 14:00 + horarios actuacións
    • Auditorio de Rianxo (todos os públicos)
  • Barriga Verde e a arte dos Silvent – MORREU O DEMO
    • 26 e 27 no horario das actuacións
    • CCD de Taragoña (todos os públicos)
    • 28 > 30 – 09:00 > 14:00 + horarios actuacións
    • Auditorio de Rianxo  Todos os públicos

RESERVA DE ENTRADAS

auditorio@concelloderianxo.gal
Telf: 664 183 217
Desde o 15 de decembro (ata completar capacidade)
09:00 > 13:30, días laborais

  • Obrigatorio indicar estes datos para quen se solicita: nome completo, teléfono e se son conviventes.
  • Priorizarase só un convivente adulto acompañando as crianzas.
  • A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.

17ª Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI 2020)

Cartel 17 Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI 2020)

Presentación

Este ano o lema diferenciador da Mostra de Teatro Infantil de Ourense será converter a arte nun recurso para respirar e a cultura como refuxio en tempos difíciles. Esta 17 edición, marcada pola “cultura segura”, ofrece espectáculos teatrais de 13 compañías (5 estatais), pero cun aforo que se reducirá a menos de un tercio del habitual.

Programa MOTI 2020

Martes 22 de decembro

  • 19.30h no patio do colexio Maristas – Teatro de rúa infantil
    • Trécola Teatro (Galicia): “Fíos de MOTI”

Sábado 26 de decembro

  • 17:00h no Teatro Principal – Teatro Xestual / Teatro de Máscaras, a partir de 4 anos
    • Pedras de Cartón (Galicia): “Lázaro de Tromes”
  • 18:15h e 19:30h no Auditorio Municipal – Teatro de actor/actriz, a partir de 5 anos
    • Geppetto, Aula Universitaria de Teatro Infantil (Galicia): Coñecendo a Pippi

Domingo 27 de decembro

  • 12:30h e 17:00h no Teatro Principal – Teatro de actor con música en directo, a partir de 4 anos
    • Ultramarinos de Lucas (Castilla-La Mancha): “Soy un niño”
  • 19:30h no Auditorio Municipal – Teatro de actor / clown, tódolos públicos
    • Spasmo Teatro (Castela-León): “Viaje al centro del cuerpo humano”

Luns 28 de decembro

  • 17:00h no Teatro Principal – Teatro de monicreques, a partir de 3 anos
    • Viravolta Títeres (Galicia): “Contos ao pé da cama”
  • 18:15h na Biblioteca – Contacontos, a partir de 4 anos
    • Trécola Teatro (Galicia): “O león azul”
  • 19:30h no Auditorio Municipal – Musical, a partir de 4 anos
    • Espiral Mágica (Madrid): “Orejas de mariposa”

Martes 29 de decembro

  • 12:30h e 17:00h no Teatro Principal – Danza, de 1 a 6 anos
    • Caramuxo Teatro (Galicia): “Catro”
  • 18:15h no Liceo de Ourense – Teatro de acriz, a partir de 2 anos
    • O Baúl da Tía Tola (Galicia): “Lixo”, a partir de 2 anos
  • 19:30h no Auditorio Municipal – Circo contemporáneo / Danza / Teatro xestual, tódolos público
    • D’Click – Volaires S. Coop. (Aragón): “Isla”

Mércores 30 de decembro

  • 17:00h no Teatro Principal – Comedia, tódolos públicos
    • Culturactiva (Galicia): “Dous no camiño”
  • 18:15h no Liceo de Ourense – Circo, a partir de 4 anos
    • La Gata Japonesa (Madrid): “Los viajes de Bowa”
  • 19:30h no Auditorio Municipal – Monicreques, a partir de 3 anos
    • Baobab Teatro (Galicia): “O lobo e a lúa”

Ademáis

  • Varios días: Animación polas rúas da cidade con reparto de volantinas. Trécola Teatro
  • Do venres 18 ao martes 22, nos colexios: Lacotre Producións con Promocións MOTI
  • Do martes 22 ao martes 29, de 18:00h a 19:00h polas rúas da cidade: Lacotre Producións con accións teatrais

Tarifas

  • Teatro Principal: 4€
  • Auditorio sala principal: 4€ (agás xoves 26, Aula Universitaria de Teatro Infantil: 3€)
  • Liceo e rúa: libre

Billeteira

  • Teatro Principal: 2 horas antes das funcións
  • Auditorio Municipal: 2 horas antes das funcións
  • Liceo: 1 hora antes das funcións.

XV Festival Internacional Rebulir (FIR 2020)

CARTEL FIR-Festival Internacional Rebulir 2020

Presentación

O FIR, é unha mostra internacional de cultura tradicional, que permite abrir unha fiestra a diversidade. O cartel representa a interconexión de Galicia con outras culturas, e tamén por medio das aves como símbolo indica a liberdade que da a cultura e que tanta falta nos fai nestes intres. 

Programa XV FIR

Xoves 17 de decembro

  • Presentación e APERTURA do Festival
  • 12:30 h. ANIMACIÓN (sen contacto) “O Cabaret das Culturas”  con Nelson Quinteiro. Centro Cultural Marcos Valcarcel-Ourense
  • 19:30 h. OBRADOIRO de AS ARMANDANZAS con Montse Rivera e Mercedes Prieto – .VIRTUAL 

Venres 18 de decembro

  • 11:00 h. Inauguración da EXPOSICIÓN  “XV anos de FIR”. Diferentes espazos  públicos de Ramirás
  • 12:00 h. Ruta Teatralizada (sen contacto) espazos de Exposicións con ARunRun Teatro 
  • 20:00 hANIMACIÓN (sen contacto) con grupo Rebulir – Rúas e locais de Celanova
  • 20:00 hCONCERTO de Nelson Quinteiro – .VIRTUAL 

Sábado 19 de decembro

  • 16:30 h. ANIMACIÓN (sen contacto) “O Cabaret das Culturas” con Nelson Quinteiro. Rúas e espazos de Ramirás
  • 17:00 h. Recepción Oficial dos Grupos
  • 19:00 h. GALA CENTRAL
    • Emisión en .DIRECTO , sen público, desde O Picouto (Ramirás). Presenta: Nelson Quinteiro
    • Grupos: 
      • EBMT Rebulir
      • Grupo Son Real
      • Mariachi Noche de Ronda
      • Coro Gospel Vida
      • Pelepau
    • Entrega dos PREMIOS REBULIR da Cultura Galega 2020 Mercedes Peón, Fina Calleja e B.M. de Vilanova dos Infante

Domingo 20 de decembro

  • 13:30 h. ANIMACIÓN (sen contacto)  con grupo Rebulir Rúas e espazos de Ramirás
  • 20:30 h. CONCERTO de Alba Faro – .VIRTUAL
  • Peche e CLAUSURA

INFORMACIÓN:  As EMISIÓNS faranse pola canle de YOUTUBE do FIR-Festival Internacional Rebulir 2020 e nas redes de La Región, GaliciaAberta e Deputación de Ourense

5º Festival SóLODOS En Danza Ourense

Cartel Festival SoLODOS en Danza Ourense 2020

A Plataforma Cultural SóLODOS presenta a 5ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos. 

Debido ás circunstancias derivadas da COVID – 19, nesta ocasión a programación SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 celebrarase online os días 3, 4 e 5 de decembro a través de Facebook Live na páxina de SóLODOS.

Esta edición contará con artistas de Galicia, Cataluña, Andalucía, Aragón, Madrid e convidados de Costa Rica, México e Francia.

Durante o Festival presentaranse seis obras de creadores noveos españois finalistas do Certame de Creación de Dúos e Solos, catro obras das compañías convidadas Peace of Mind, Colectivo Sin Par, Violeta Iriberri e Arnau Pérez, celebraranse diversos foros e serán otorgados tres premios tras a celebración da final do Certame de Creación Dúos e Solos:

Premio Sólodos En Danza / Ourense / 2020: A coreografía gañadora realizará unha xira por Costa Rica no ano 2021.

Certamen Coreografico de Madrid: O Certamen Coreografico de Madrid programará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, froito da colaboración entre os dous certames, o día 9 de decembro de 2020 no Teatro do Centro de Creación Contemporánea Conde Duque de Madrid.       

Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York: O Certamen Internacional de Coreografía Burgos New York seleccionará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, para participar na semifinal do seu certame na súa 20 celebración que se realizará no verán de 2021. Este premio é froito da colaboración entre os dous certames.

Grazas á colaboración do Circuito Red Acieloabierto, o coreógrafo Arnau Pérez estará na Gala Sólodos En Danza coa súa coreografía YOUNG BLOOD, co artistas Maddi Ruiz de Loizaga e Adrián Manzano, dentro da Programación do Festival Sólodos En Danza / Ourense / 2020.

Arnau Pérez coa súa coreografía YOUNG BLOOD, é unha das compañías que este ano están xirando polo Circuito Red Acieloabierto 2020.

PRODUCE SóLODOS

PATROCINA: Auditorio Municipal de Ourense, Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, INAEM, Red Acieloabierto, Trayectos, Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York, Certamen Coreografico de Madrid, Pasoa2, Galicia Danza Contemporánea e Pablo Salas Fotógrafo.

Programa

PROGRAMA 3 DECEMBRO

  • 21h Esp – 2pm CR / APERTURA FESTIVAL 
  • RECORDANDO SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019 – PROXECCIÓN DO VIDEO RESUMO DA PASADA EDICIÓN
  • PRESENTACIÓN FINALISTAS 2020
    • THE LESSON / GUILLEM JIMÉNEZ – laSADCUM / Interpretación: Marta Jaén García e Alfonso Fernández /ALMERÍA – BARCELONA
    • VAMOS / ÁNGEL GARCÉS / MADRID
    • NIKS / ALFONSO FERNÁNDEZ / Interpretación: Marta Jaén García e Alfonso Fernández / BARCELONA
    • VERTEBRATA / ALEJANDRA BALBOA / PONTEVEDRA
    • THE BEAUTY OF IT / ÁNGEL DURÁN / BARCELONA
    • QUIRAL-1,5m / ROCÍO BARRIGA e LUNA SÁNCHEZ – CÍA LA BASAL /  CÁDIZ – SEVILLA 
  • ESE PÁJARO NO PUEDE ESTAR EN ESTA PLAZA 
    • COREOGRAFÍA GAÑADORA DE SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019
    • Coreografía: Violeta Iriberri 
    • Interpretación: Raúl Lorenzo e Violeta Iriberri
    • Ese pájaro no puede estar en esta plaza arrástranos ao mundo desbordado de dúas personaxes, baixo unha trama absurda cun paxaro inexistente, que nos sitúan como espectadores na observación do conflicto que os remove. Unha historia conectada mediante insinuacións e medias palabras cantadas, onde se sospeita que algo os axita e revolotea. Dúas personaxes exageradas y cheas de aspaventos, baixo o drama e a anécdota desmedida, o exceso e a sutileza, que poñen ás a este alboroto.

PROGRAMA 4 DECEMBRO

20h Esp – 1pm CR / FORO GAÑADORES EDICIÓNS ANTERIORES

  • Convidados: Marina Fullana e Laura Lliteras – UnaiUna, Alba Fernández Cotelo, Nacho Cárcaba, Violeta Iriberri e Raúl Lorenzo, Natividad Buil – Coordinación Red Acieloabierto e Festival Trayectos, España- e Victoria P. Miranda -Bailarina e Coreógrafa, España-.

21h Esp – 2 pm CR / GALA SóLODOS EN DANZA

  • ACOSTUMBRADAS / PEACE OF MIND / ARAGÓN
    • Coreografía e interpretación: Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas
    • Temos unha identidade pero… ¿nace ou faise?
    • Escollemos aquelo que nos atrae e tratamos de adquirirlo como costume.
    • Deste xeito nos identificaremos con todo aquelo que responda ante esas formas determinadas. ¿Que pasa cando nos invaden novas influencias? Podemos soltar as nosas raíces para afondar nos novos descubrimentos, ou darnos conta de que non nos sentimos identificadas e volver con maior firmeza ao punto de partida. De calquer modo a nosa identidade quedará amplificada.
  • EFECTO SIAM / COLECTIVO SIN PAR / ANDALUCÍA
    • Coreografía e interpretación: Lara Misó e Wilma Puentes 
    • Con “ Efecto Siam” queremos explorar o concepto da unión física entre dúas persoas, tal e como ocorre cos siameses. Indagar así , a través dun debate mudo, na permisividade do movemento con esta restricción e implicando o lado emocional que isto podería conlevar. Comunicarnos a través de contrasinais kinestésicas e enfatizando na dependencia inherente de dous seres humáns que chegaron ao mundo dentro da mesma pel.
  • YOUNG BLOOD / ARNAU PÉREZ  / CATALUÑA / RED ACIELOABIERTO
    • Coreógrafo: Arnau Pérez.
    • Intérpretes: Maddi Ruiz de Loizaga, Adrián Manzano e  Arnau Pérez.
    • “Young Blood, we see you”. Somos esta xración de novos con enerxía, creatividade e implicación para desenvolver novos camiños pero que se ve truncada polo talante desta sociedade. Temos moito que dicir e reivindicar en cada lugar. Estades véndonos. Estamos preparados, pero… ¿estádelo vós?.

PROGRAMA 5 DECEMBRO

20h Esp – 1 pm CR / FORO XIRA COSTA RICA

  • ARTISTAS QUE REALIZARON XIRA 2019 (Carla Segovia, Guillermo Aguilar, Nacho Cárcaba, Arnau Pérez, Thomas Guirau) + ESTRUTURAS EN COSTA RICA QUE ACOLLEN ARTISTAS DE SóLODOS (Noidy Salazar – Directora Departamento de Vida Estudiantil e Servizos Académicos DEVESA e Carlos Ovares -Director Corpóreos de Quepos, de Costa Rica).

21h Esp – 2 pm CR / CERTAME SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 

  • GUILLEM JIMÉNEZ – laSADCUM / THE LESSON / ALMERÍA – BARCELONA
    • “A través de mecanismos de apropiación e collage, THE LESSON funciona como un ‘found footage’ coreográfico que pensa o noso comportamento na era postinternet.“
    • Coreografía: Guillem Jiménez
    • Interpretación: Laia Camps e Guillem Jiménez
    • Produción: TKM Room / Maricxs Marci’s
  • ÁNGEL GARCÉS / VAMOS / MADRID
    • VAMOS” é unha peza nacida desde un referente moi claro, pero un ano despois o referente casi que son eu mesmo. Empezou como unha tontería co meu amigo Chey Jurado, simplemente ensináballe como imitaba as manías de Nadal. Así que, todo parte de aí, das manías, tan tolas, de Rafa Nadal antes de cada saque. É un proceso de descubrimento e un reto persoal onde rompín con barreiras mentais que me impedían o desenvolvemento dunha creación artística.
    • Coreografía e interpretación: Ángel Garcés
    • Música Orixinal: Javier Martínez
    • Vestiario: Sara Sánchez
    • Ollo Externo: Arnau Pérez, Chey Jurado e Sara Sánchez
  • ALFONSO FERNÁNDEZ / NIKS / BARCELONA
    • Ao afirmar que o corpo é o sitio principal de opresión na sociedade occidental, os colaboradores deste volume pionero exploran o complexo tema da encarnación e como se relaciona coa inclusión social e a marxinación. Nunha cultura onde os corpos de persoas que son morenas, negras, mulleres, transxénero, discapacitadas, gordas ou queer a miúdo son avergonzadas, sexualizadas, ignoradas e oprimidas. ¿Que significa vivir nun corpo marxinado?
    • Coreografía: Alfonso Fernández
    • Interpretación: Marta Jaén García e Alfonso Fernández.
  • ALEJANDRA BALBOA / VERTEBRATA / PONTEVEDRA
    • Investigando co coreógrafo Luis Marrafa, nace Vertebrata. Unha viaxe emocional na que o corpo é movido polo ruido que o habita. Éste atópase coa dificultade de controlar os seus impulsos internos, intentando descifralos e incluso dominalos. Un vaivén entre a leve asfixia do intento e a pesada carga da debilidade.
    • É a expresión dun animal que exterioriza a través do movemento, os diferentes estados da súa materia.
    • Coreografía e interpretación: Alejandra Balboa
  • ÁNGEL DURÁN / THE BEAUTY OF IT / BARCELONA
    • The Beauty of It é un solo de danza contemporánea que nos fala da fraxilidade da persoa e que nos ofrece unha reflexión sobre a autenticidade das accións ou as personaxes que un mesmo crea.
    • É real todo o que experimentamos? ¿Cal é a diferencia entre actuar e comportarse tal e como somos? Esta dicotomía nunha persoa fai que ás veces non poidamos chegar a diferenciar que é a realidade e que é o soño. 
    • Coreografía e interpretación: Ángel Durán
  • ROCÍO BARRIGA e LUNA SÁNCHEZ – CÍA LA BASAL / QUIRAL-1,5m / CÁDIZ – SEVILLA
    • Quiral -1,5m- é unha proposta coreográfica que busca distintas personalidades dentro dun mesmo ser. Como sería convivir con elas, como sería descubrir que o que parecía idéntico e afín a ti, pode chegar a converterse no teu maior adversario. Deste xeito dous corpos constrúen unha sólida unidade, comparten espazo e tempo e únense a través das mans, a “zona vermella”, algo ao que o ollo se desacostumou nesta nova normalidade.
    • Coreografía e interpretación: Rocío Barriga e Luna Sánchez

23h Esp – 4 pm CR / ENTREGA PREMIOS SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 

  • Premio Sólodos En Danza / Ourense / 2020: A coreografía gañadora realizará unha xira por Costa Rica no ano 2021.
  • Certamen Coreografico de Madrid: O Certamen Coreografico de Madrid programará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, froito da colaboración entre os dous certames, o día 9 de decembro de 2020 no Teatro do Centro de Creación Contemporánea Conde Duque de Madrid.       
  • Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York: O Certamen Internacional de Coreografía Burgos New York seleccionará unha das pezas finalistas de Sólodos En Danza Ourense 2020, para participar na semifinal do seu certame na súa 20 celebración que se realizará no verán de 2021. Este premio é froito da colaboración entre os dous certames.
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!