FTMC – Boletín #1

Boletín 1 Fondo Teatra María Casares

Comezamos este boletín do Fondo Teatral María Casares informando sobre algúns libros de teatro que poden interesar tanto ao profesorado de ensino primario como secundario.

Este boletín será un escaparate que convide  entrar no Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. Alí poderanse descubrir moitos máis.

Este nº 1 do boletín -e outros que seguirán- estarán dedicados a libros de teatro para a infancia e a mocidade porque, xa o sabemos, todo agroma nestes primeiros anos da vida. E o TEATRO, así con letras maiúsculas, é un recurso pedagóxico fundamental.

Durante este ano 2020 a súa periodicidade será mensual -a última semana de cada mes- e despois de comentar os libros de teatro para a infancia e a mocidade, farémolo cos libros máis interesantes para profesionais e xente amadora do teatro.

No Fondo Teatral María Casares (FTMC) hai máis de mil libros e tamén revistas de teatro para todos os gustos!

Nesta ocasión tócalle a quenda a Acariñando os desexos de Xoán Carlos Riobó, Somos os monstros de Paula Carballeira, Fabulaciones en azul de Luis María García González e El juego dramático en la escuela. Fichas de ejercicios de Gérard Faure e Serge Lascar.

Ler máis

Fondo Teatral María Casares

Qué é o Fondo Teatral María Casares?

O Fondo Teatral María Casares (FTMC) é un fondo que recolle recursos bibliográficos no ámbito teatral e que nace como resultado dun convenio asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a Asociación Cultural Entre Bambalinas -editora da erregueté/Revista Galega de Teatro- e a compañía Teatro de Ningures.

Promotores do Fondo Teatral María Casares

Por qué o Fondo se chama María Casares?

A Asociación Cultural Entre Bambalinas quixo nomear así o FTMC en memoria e homenaxe á actriz María Casares (A Coruña 1922 – París 1996), quen ós 14 anos tivo que exiliarse en Francia debido ó golpe militar franquista de 1936. Era filla de Gloria Pérez e Santiago Casares Quiroga, ministro e xefe de goberno da II República.

Ler máis

36ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)

Do 28 de xuño ao 6 de xullo terá lugar en Cangas do Morrazo unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro que este ano conta cunha veintena de obras, cinco estrenos e máis formatos e escenarios. De feito aparte de representacións na rúa, tamén está previsto que a praia nudista de Barra sexa un escenario innovador para os espectáculos. Todo isto e outras moitas actividades paralelas converterán a Cangas no epicentro cultural e turístico da zona durante nove días.

Quico Cadaval será o encargado de dar pistoletazo de saida á Mostra na que se estrenarán as obras “A Illa das Matriarcas”, unha coproducción anglogallega de las compañías Aporia Escénica e Theatre of Ancients; “Crunch”, coproducción da compañía galega Muuu e da Mostra; “La gran ofensa”, de Bendita Compañía e El Terrat (Cataluña); “Proxecto Cuco. Cultura contra o cambio climático”, outra coproducción da Mostra con Teatro Tío Teixo; e “C’est pas possible”, de Sempre Arriba, coproducida pola Mostra. Tamén se estrenarán en Galiza outras cinco obras: “Comedia Aquilana”, de Nao de Amores & Cia; “Donna Quixota”, de Pina Polar (Polonia); “La mujer perdida”, de Teatro del Norte; “El desguace de las musas”, de La Zaranda; e “Tentación Divina”, da compañía Artlequín (Arxentina/España).

Máis información: http://www.mostrateatrocangas.gal

X Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR)

O martes 2 de abril arrinca no Auditorio Municipal de Cangas o X Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR) cun programa que, agás o 16 de abril, se desenvolve todos os martes ata o 4 de xuño.

O pregón inaugural correrá a cargo da actriz moañesa Antía Costas ás 20.15 horas para continuar coa actuación de Avelaíña Teatro que presenta A ópera de a patacón, de Roberto Vidal Bolaño.

Nesta nova edición do CITEAMOR participan doce grupos de teatro, once deles da comarca. Do total, catro pertencen a distintas asociacións culturais (Grupo de Teatro Charaviscas, Os deslinguados, Petanaporta Teatro e Grupo de Teatro da Asociación Mulleres de Moaña), seis aos diferentes institutos (IES Johan Carballeira, IES María Soliño, Colexio Eduardo Pondal, IES Rodeira, IES As Barxas e IES Paralaia), un de integración DOA Furafollas Teatro mais o grupo convidado, Avelaíña Teatro de Pontevedra. Dentro da programación, a organización destaca o feito de que a metade dos espectáculos están escritos polos mesmos grupos tanto desde a creación colectiva como individual, algo que pon de relevo “a gran afección que hai no Morrazo non só pola interpretación senón tamén pola dramaturxia”.

Máis información:
https://erreguete.gal/2019/04/02/comeza-cangas-x-ciclo-de-teatro-afeccionado-morrazo/

23ª Mostra de Teatro Universitario (MITEU)

A Mostra de Teatro Universitario (MITEU) volve na súa vixésimo cuarta edición, onde se aposta pola diversidade cultural, con piezas de países como México, Chile, Holanda, Costa Rica, Portugal ou Nicaragua, e pola inclusión social, coa obra “A pele que há en mim”, da compañía lusa Armazém Aério.

Nesta nova edición, A MITEU adentrarase na cidade con espectáculos de calle onde se mistura o circense coa danza e a interpretación. O primeiro fin de semana do ciclo (27-28 de abril), a praza de San Martiño acollerá diversas representaciones de circo.

As pezas teatrais non so son de carácter universitario, senon tamén profesional -aproximadamente, un tercio da programación- para que os novos actores podan convivir con eles e incluso ver os seus procesos. As creacións galegas terán unha ampia representación, como en cada edición. Ademáis da Aula Universitaria de Ourense, na Miteu tamén participan a de Vigo, Santiago e Lugo, aparte de outras compañías da comunidade. No referente aos estilos, haberá pezas clásicas, así como apostas máis “arriscadas”.

Máis información:
https://www.laregion.es/articulo/ourense/la-miteu/20190401212013863532.html

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!