Cargando...
Ordear por:
Público:
« Anterior 1 … 9 10 11 12 13 14 Seguinte »
Voa, voa! (2020)
Actualizado o 05/09/2020Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente para público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.As Aventuras de Gale (2017)
Actualizado o 27/08/2020Gale conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto con mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e de descubrir o mundo.O Murmurio do Mar (2015)
Actualizado o 27/08/2020A través dos contos e da música, utilizando monicreques, obxectos, instrumentos e por suposto moita imaxinación somerxerémonos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras.Titeremusicontos (2016)
Actualizado o 27/08/2020Un espectáculo no que os contos tradicionais galegos cobran vida a través dos títeres e son cantados e contados para que os máis cativos pasen un bo momento aprendendo, escoitando e cantando connosco.O Apalpador e a nena sen medo (2018)
Actualizado o 27/08/2020O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquelo que non temos. Por iso a nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba: palabras en galego, coas que encher o corazón e poder voar en soños.Conversas con Tana (2018)
Actualizado o 11/08/2020“Conversas con Tana” é un espectáculo teatral, baseado na ventriloquía (ou titiriteiro á vista) onde un granxeiro e a súa cadeliña Tana, manteñen unha fluída e divertida conversa na que afloran diálogos divertidos e delirantes.- PRONelson Quinteiro ProduccionesFamiliar
Pequeno Cabaret Infantil (2016)
Actualizado o 27/07/2020Un teatriño, un mestre de cerimonias, un acordeonista, unha pulga internacional e 1001 contos revirados. Flashtop Cabaret (2007)
Actualizado o 24/07/2020Un asalto escénico que converte as rúas en unha auténtica festa seguido dun espectáculo de cabaré ao máis puro estilo berlinés.Novecento Cabaret (2016)
Actualizado o 24/07/2020Un espectáculo de danza-teatro e cabaré pensado para prazas e escenarios en aberto. Plenamente evocador. Unha viaxe polas emocións, o arte e a música que recrea as vangardas e movementos políticos de principios do século XX.- PROMagín BlancoFamiliar
Gatuxo musical (2015)
(1)Actualizado o 22/07/2020Dous músicos e unha cantante interpretan en directo o repertorio de Gatuxo para o deleite das familias e os seus pequenos e pequenas, como resultado dun concerto íntimo onde poder experimentar a maxia de crecer.