Cargando...
Ordear por:
Público:
1 2 3 … 11 Seguinte »
IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER (2023)
Actualizado o 29/05/2023Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos.. Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.... e poñerán esposas ás flores... (2021)
(1)Actualizado o 04/02/2022Ubicada na posguerra española, este drama surrealista de F. Arrabal refelxiona sobre a grandeza do ser humano capaz de facer cousas fermosas como chegar a lúa ou cousas terribles como dispararlle o tiro de gracia a Lorca no cú.Dreaming Juliet (2020)
Actualizado o 11/11/2021Dreaming Juliet é un espectáculo da compañía Elefante Elegante dirixido a público adulto que se inspira na peza "Romeo e Xulieta" de W. Shakespeare onde se aborda a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor.- PROTeatro do NoroesteAdultos
Gloria Nacional (2021)
Actualizado o 11/11/2021O encontro de tres mentalidades, a de Uxio, na crise existencial de non retorno, a de Marivel, a xuventude executiva da nova realidade, e a de Carmiña, a sabedoría popular xeran, nesta obra, unha comedia de profundo contido social. Os nenos da varíola (2020)
(2)Actualizado o 11/11/2021Trátase dunha adaptación da novela de María Solar. A cadea humana de nenos expósitos que levaron a vacina da varíola a ultramar lévase a escena por primeira vez da man da Compañía Pérez&Fernández.Quixote (2021)
Actualizado o 11/11/2021Un Velocípedo no que vai montado Quixote será o Rocinante, e un triciclo no que irá montado Sancho será o peculiar Rucio, o asno de Sancho Panza. No fondo colgará un pano azul que cubrirá todo o escenario e sobre o que se xogarán as escenas de día ou noite.Feminíssimas (2020)
(1)Actualizado o 11/11/2021Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras moi distintas de entender o “feminismo”. Unha obra sobre a creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma.Fala-me. Galician Trad Cabaré (2021)
Actualizado o 05/11/2021Unha fusión do cabaré coa música, danza e cultura tradicional con un fío conductor sobre a língua e o empoderamento. Con instrumentos e máscaras ancestrais, himnos, fetichismo, sensualidade e provocación na poesía tradicional.Libre coma os paxaros (2021)
Actualizado o 01/11/2021"O meu pensamento é libre. El é a lei que rexe o meu destino". "Nada máis que cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos". Rosalía de CastroO Premio (2020)
(1)Actualizado o 01/11/2021O Premio é unha comedia aceda que fala da situación das persoas nun futuro aproximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tal, que se ven obrigadas a caer no “Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade.