Cargando...
Ordear por:
Público:
1 2 3 4 Seguinte »
Novecento Cabaret (2016)
Actualizado o 01/11/2024Un espectáculo de danza-teatro e cabaré pensado para prazas e escenarios en aberto. Plenamente evocador. Unha viaxe polas emocións, o arte e a música que recrea as vangardas e movementos políticos de principios do século XX.Flashtop Cabaret (2007)
Actualizado o 01/11/2024Un asalto escénico que converte as rúas en unha auténtica festa seguido dun espectáculo de cabaré ao máis puro estilo berlinés.- PRONelson Quinteiro ProduccionesFamiliar
Pequeno Cabaret Infantil (2016)
Actualizado o 01/11/2024Un teatriño, un mestre de cerimonias, un acordeonista, unha pulga internacional e 1001 contos revirados. Os Apalpadoriños (2019)
Actualizado o 01/11/2024os "Apalpadoriños" ofrecen un animado concerto e contacontos con danza, contos e xogos de participación en galego, escollendo un repertorio de panxoliñas e cantos populares adaptados á figura do Apalpador.Aupá! (2020)
Actualizado o 01/11/2024Aupá! proponnos un son divertido e bailable, da man da curiosa vibración percutiva do ukelele como base rítmica á potencia envolvente do acordeón e a gaita. Un son moi ben proporcionado que arroupa á voz de Quinteiro creando unha experiencia ideal para maridaxes do máis variado.Fala-me. Galician Trad Cabaré (2021)
Actualizado o 01/11/2024Unha fusión do cabaré coa música, danza e cultura tradicional con un fío conductor sobre a língua e o empoderamento. Con instrumentos e máscaras ancestrais, himnos, fetichismo, sensualidade e provocación na poesía tradicional.Barullo (2021)
Actualizado o 01/11/2024Espectáculo infantil de clown que aborda a cultura e a música tradicional a través dos seus instrumentos.Nina Ninette (2021)
Actualizado o 11/11/2021Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. Poderá conseguilo?Bailar agora (2020)
Actualizado o 01/11/2021Bailar agora é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando.O Candil. Un musical galego. (2020)
(2)Actualizado o 24/10/2021O Candil, é unha obra interactiva de teatro musical, que xira en torno ás cancións no noso cancioneiro popular, sabidas por todos. A música e as voces son en directo e o público participa no espectáculo como convidados a unha festa clandestina no Pabillón Lino da Coruña, en 1919.