Cargando...
Ordear por:
Público:
« Anterior 1 2 3 4 5 … 11 Seguinte »
O Candil. Un musical galego. (2020)
(2)Actualizado o 24/10/2021O Candil, é unha obra interactiva de teatro musical, que xira en torno ás cancións no noso cancioneiro popular, sabidas por todos. A música e as voces son en directo e o público participa no espectáculo como convidados a unha festa clandestina no Pabillón Lino da Coruña, en 1919.- PRORedrum TeatroAdultos
O Mozo da Última Fila (2020)
Actualizado o 14/10/2021Versión en galego do afamado texto de Juan Mayorga, unha das pezas máis destacadas da dramaturxia europea dos últimos tempos. - Cavort TeatroT.P.
OH-PERA (2021)
(1)Actualizado o 21/09/2021Circo, humor, equilibrio e acrobacia... nunha ópera surrealista na que os actos se entrelazan entre si dunha forma divertida que non entende de lóxica ou de época.Lolo e Mamá (2018)
Actualizado o 16/09/2021Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, axiña muda en desastre.Running, Unha Suorenta Comedia De Ste Xeito (2019)
Actualizado o 07/09/2021Escrita e dirixida por Esther F. Carrodeguas, a obra "Running" está protagonizada por Stephy Llaryora e Sergio Macías. Encarnan a Xulia e Román, que acaban de coñecerse. As súas vidas non son nada fáciles, así que a relación convértese nunha carreira de obstáculos para o seu amor.A que non podes dicir cocacola? (II) (2020)
(1)Actualizado o 22/07/2021A QUE NON PODES DICIR COCACOLA?(II) é unha loita inútil e precisa, un desexo de escribir grandes parágrafos nas paredes acabadas de pintar, unha repetición de incertezas batendo nos puntos finais, un querer e un poder, un frasco de perfume que non recende, un atentado contra a asepsia. Algo así...Doce Uvas, dúas mulleres e unha oliva (2020)
Actualizado o 30/06/2021Dúas actrices en escena, dúas mulleres nas que reflectirse a través das súas fraquezas e virtudes. Un mosaico de complicidades a través do tempo… e algún que outro conflito tamén. Unha historia de autosuperación e empoderamento feminino.Cartoóns (2019)
(1)Actualizado o 17/06/2021Dous pallasos moran á marxe. Á marxe de todo. Arrodeados de cartóns, nun mundo de cartóns que a xente tira porque non serven para nada. Quen dixo que non servían para nada? Con eses cartóns construirán cousas e máis cousas. Con eses cartóns construirán todas as historias que nos contan.- PROChévereT.P.
As Fillas Bravas e o mito de Casandra (2020)
Actualizado o 03/06/2021As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.