Cargando...
Ordear por:
Público:
« Anterior 1 … 3 4 5 6 7 … 11 Seguinte »
- PROTarabela CreativaAdultos
"TABÚ" (2018)
Actualizado o 03/03/2021“Tabú” é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude. Crónica dunha heterosexual insatisfeita (2020)
Actualizado o 25/02/2021“Crónica dunha heterosexual insatisfeita” convídanos a reflexionar sobre normas ou parámetros pre establecidos que facemos propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver con nós mesmas.Mai Mai (2019)
Actualizado o 25/02/2021Mai Mai é unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.Lixo (2019)
(1)Actualizado o 22/12/2020“Lixo” está creado a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña... co que facer escenografías para o xogo a partir de obxectos que poderían ser simples desperdicios. Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento.CATRO (2020)
Actualizado o 22/12/2020CATRO é a nova proposta de Caramuxo Teatro para a primeira infancia. Unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons, as texturas, co movemento...- PROTeatro do AtlánticoAdultos
A conquista da escola de Madhubai (2020)
Actualizado o 14/12/2020Sakundeva, bandida, perseguida e acusada do asasinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos, preséntase na humilde morada de Pandala, unha sabia anciá que a criou cando era nena e que é a única persoa no mundo na que confía. Os Apalpadoriños (2019)
Actualizado o 09/12/2020os "Apalpadoriños" ofrecen un animado concerto e contacontos con danza, contos e xogos de participación en galego, escollendo un repertorio de panxoliñas e cantos populares adaptados á figura do Apalpador.A PEREGRINAXE (2019)
Actualizado o 09/12/2020Por orde de Deus, un humilde pastor ten que partir para a terra de Godah. Emprende entón unha longa peregrinaxe na que vai enfrontarse a banqueiros e gladiadores, coñecerá ao César e a Cleopatra, discutirá con inflexibles gardas e cos temibles nerios, para acabar na última cea de Xesús.Ningures (2020)
Actualizado o 03/12/2020A través do humor, a danza, a manipulación de obxectos e o teatro físico, Teatro Ó Cubo lanza a súa cuarta produción, marcada por unha nova estética e diálogo co público infantil e familiar.- PROTeatro do AtlánticoAdultos
Dúas donas que bailan (2018)
(1)Actualizado o 03/12/2020Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París e con rematar unha colección de tebeos da infancia, para a que só lle falta un exemplar, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia que familiares e extraños teñen outros plans para a vivenda.