Cargando...
Ordear por:
Público:
« Anterior 1 … 4 5 6 7 8 … 11 Seguinte »
O empapelado amarelo (2019)
Actualizado o 01/12/2020O empapelado amarelo é un espectáculo teatral unipersoal que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman.O espectáculo utiliza as claves do relato de terror gótico para denunciar os mecanismos de represión propios do heteropatriarcadoCinco mulleres que comen tortilla (2018)
Actualizado o 26/11/2020Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e unha coidada posta en escena totalmente inmersiva.Pinconús (2020)
Actualizado o 21/11/2020O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros. Todo isto para chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado PÍNCONÚS.Pinocchio (2020)
Actualizado o 20/11/2020Teatro Ghazafelhos, coa colaboración de Rigoletto Teatro, deciden contarnos a historia de Pinocchio. Un títere universal que nos enche de risa e emoción, e que agacha un segredo no seu corazón de bidueiro.Iriña bailarina (2016)
(1)Actualizado o 20/11/2020Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina e unha caixiña de música protagonizarán unha historia que nos servirá para reflexionar sobre a igualdade de xénero.- PROÍtaca TeatroT.P.
Cinco minutos sen respirar, de Gustavo Ott (2018)
Actualizado o 20/11/2020Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a oscuridade que pode albergar unha persoa a través de dúas personaxes: Margarita, unha (ex)empleada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado. Da avaricia, a luxuria e morte (2018)
Actualizado o 05/11/2020De xeito inmenso, certeiro e maxistral, Valle-Inclán trenza nas tres obras que configuran este espectáculo os dous únicos motores que moven o mundo humano, a avaricia e a luxuria co seu inevitable tránsito final: a morte.SÓS (2020)
Actualizado o 26/10/2020“SÓS” é unha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia, e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida. “SÓS” conta a historia de Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados a compartires piso.Aladino e a lámpada marabillosa (2018)
Actualizado o 22/10/2020Versión musical dun dos máis fermosos contos de “As mil e unha noites” ambientada nun Oriente máxico e suxerinte. Unha historia exemplar onde os valores interiores das persoas importan máis que as súas aparencias.Estrazalonia (2017)
Actualizado o 14/10/2020Espectáculo infantil que pretende o estímulo dos sentidos viaxando a través das emocións, as sensacións, a sorpresa e a ilusión.