Cargando...
Ordear por:
Público:
« Anterior 1 … 6 7 8 9 10 11 Seguinte »
A viaxe de Rosalía (2016)
Actualizado o 24/09/2020A viaxe de Rosalía parte coas maletas cargadas de sororidade e compromiso coa igualdade. Títeres, poesía, teas e zapatos, para contar as pasaxes máis importantes da vida de Rosalía de Castro e da súa obra literaria.- PROA Xanela do MaxínFamiliar
A Viaxe de Saira (2020)
Actualizado o 23/09/2020A Viaxe de Saira é unha montaxe escénica de ambientación medieval sobre o Camiño de Santiago desde Francia a Compostela na que se conta a historia de Saira, unha rapaza francesa que viaxa a Galicia para curar o corazón de pedra da súa familia. Monstruación (2018)
(1)Actualizado o 19/09/2020Unha comedia breve e "brutita" para romper tabúes, visibilizar e normalizar o ciclo da muller. Dúas bonecas de Famosa e unha de Mattel vense desbordadas cando a América, a súa compañeira de xogos, lle ven a regra e decide abandonalas ante o mundo.Eu quero ser galega (2017)
Actualizado o 19/09/2020Este monólogo de Stephy Llaruora consta de dúas partes diferenciadas, cada unha co seu contido e personaxe independente. Parte da súa graza está na transformación dunha parte noutra , así como no uso do castelán e o galego.Aupá! (2020)
Actualizado o 09/09/2020Aupá! proponnos un son divertido e bailable, da man da curiosa vibración percutiva do ukelele como base rítmica á potencia envolvente do acordeón e a gaita. Un son moi ben proporcionado que arroupa á voz de Quinteiro creando unha experiencia ideal para maridaxes do máis variado.- PROLuis VallecilloFamiliar
Cantamos? (2018)
Actualizado o 08/09/2020Unha nena á que lle encantan a música e máis os contos descobre, a través do artista que vai dar un concerto ao seu colexio, que os contos se poden cantar! Rosi e Luis convídante a xogar, cantar e descubrir un mundo de fantasía no que todo é posible. Voa, voa! (2020)
Actualizado o 05/09/2020Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente para público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.As Aventuras de Gale (2017)
Actualizado o 27/08/2020Gale conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto con mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e de descubrir o mundo.O Murmurio do Mar (2015)
Actualizado o 27/08/2020A través dos contos e da música, utilizando monicreques, obxectos, instrumentos e por suposto moita imaxinación somerxerémonos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras.Titeremusicontos (2016)
Actualizado o 27/08/2020Un espectáculo no que os contos tradicionais galegos cobran vida a través dos títeres e son cantados e contados para que os máis cativos pasen un bo momento aprendendo, escoitando e cantando connosco.