Cargando...
Ordear por:
Público:
« Anterior 1 2 3 4 5 6 … 14 Seguinte »
"E-migrantas" unha coprodución de Kirenia Danza e o Centro Coreográfico Galego. (2020)
Actualizado o 16/09/2021Unha danza sobre a última diáspora galega interpretada por Esther Latorre e David Loira que vivencian a experiencia persoal e colectiva da emigración e o retorno da última diáspora.Lolo e Mamá (2018)
Actualizado o 16/09/2021Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada desde sempre, axiña muda en desastre.Running, Unha Suorenta Comedia De Ste Xeito (2019)
Actualizado o 07/09/2021Escrita e dirixida por Esther F. Carrodeguas, a obra "Running" está protagonizada por Stephy Llaryora e Sergio Macías. Encarnan a Xulia e Román, que acaban de coñecerse. As súas vidas non son nada fáciles, así que a relación convértese nunha carreira de obstáculos para o seu amor.A que non podes dicir cocacola? (II) (2020)
(1)Actualizado o 22/07/2021A QUE NON PODES DICIR COCACOLA?(II) é unha loita inútil e precisa, un desexo de escribir grandes parágrafos nas paredes acabadas de pintar, unha repetición de incertezas batendo nos puntos finais, un querer e un poder, un frasco de perfume que non recende, un atentado contra a asepsia. Algo así...Doce Uvas, dúas mulleres e unha oliva (2020)
Actualizado o 30/06/2021Dúas actrices en escena, dúas mulleres nas que reflectirse a través das súas fraquezas e virtudes. Un mosaico de complicidades a través do tempo… e algún que outro conflito tamén. Unha historia de autosuperación e empoderamento feminino.Cartoóns (2019)
(1)Actualizado o 17/06/2021Dous pallasos moran á marxe. Á marxe de todo. Arrodeados de cartóns, nun mundo de cartóns que a xente tira porque non serven para nada. Quen dixo que non servían para nada? Con eses cartóns construirán cousas e máis cousas. Con eses cartóns construirán todas as historias que nos contan.- PROChévereT.P.
As Fillas Bravas e o mito de Casandra (2020)
Actualizado o 03/06/2021As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría. O Meu Mundo non é deste Reino (2019)
Actualizado o 03/06/2021Adaptación da Farsa de Bululú de Manuel María. Trátase dunha parodia sobre a dictadura franquista que combina o teatro de marionetas, as artes plásticas e o teatro actoral. Gañadora de 2 PREMIOS MARÍA CASARES 2020. Mellor dirección e Mellor adaptación, ambos para María Peinado.Ula Lúa? (2017)
(1)Actualizado o 03/06/2021U-la Lúa? é dunha proposta escénica dirixida a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.Xira “Astrounauta Sideral” (2019)
(1)Actualizado o 20/05/2021Astronauta Sideral é o terceiro disco de Uxía Lambona e a Banda Molona con 10 novos temas espaciais, onde os nenos e os extraterrestres non poderán parar de bailar e cantar ao ritmo de Cumbia, ska, Rock & Roll…. e outros estilos musicais que parten dunha base de música tradicional.