Cargando...
Ordear por:
Público:
« Anterior 1 2 3 4 … 14 Seguinte »
Libre coma os paxaros (2021)
Actualizado o 01/11/2021"O meu pensamento é libre. El é a lei que rexe o meu destino". "Nada máis que cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos". Rosalía de Castro- PROSésT.P.
Xira "Liberar as arterias" (2020)
Actualizado o 01/11/2021Sés non só segue mantendo a súa valente mensaxe, se non que neste novo traballo poténciaa. Neste novo álbum Liberar as Arterias, Sés percorre América de norte a sur, como non podía ser doutra forma pasado polo seu propio filtro. O Premio (2020)
(1)Actualizado o 01/11/2021O Premio é unha comedia aceda que fala da situación das persoas nun futuro aproximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tal, que se ven obrigadas a caer no “Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade.- PROMatrioshka TeatroMocidade
Comando Comadres (2021)
Actualizado o 01/11/2021Espectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto no que un grupo de artivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual. Celebración. A Gran Noite (2018)
Actualizado o 30/10/2021Nesta celebración vai pasar algo importante, ten que pasar algo moi importante, porque está anunciado por terra, mar e aire, porque asalta os nosos ollos e os nosos oídos, porque chegar a ese cóctel é entrar no mundo do luxo é unha cuestión de gusto, de saber ser... persoa.A lingua das bolboretas (2020)
(2)Actualizado o 25/10/2021Sarabela achégase a unha nova estrea e volve aos textos de Rivas. Nesta ocasión trátase dunha montaxe a partir de 'A lingua das bolboretas' e 'A traxectoria do balón'. Un espectáculo emocionante e necesario para os tempos que corren.O Candil. Un musical galego. (2020)
(2)Actualizado o 24/10/2021O Candil, é unha obra interactiva de teatro musical, que xira en torno ás cancións no noso cancioneiro popular, sabidas por todos. A música e as voces son en directo e o público participa no espectáculo como convidados a unha festa clandestina no Pabillón Lino da Coruña, en 1919.Leira (2020)
Actualizado o 14/10/2021O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.- PRORedrum TeatroAdultos
O Mozo da Última Fila (2020)
Actualizado o 14/10/2021Versión en galego do afamado texto de Juan Mayorga, unha das pezas máis destacadas da dramaturxia europea dos últimos tempos. Barullo (2021)
Actualizado o 09/10/2021Espectáculo infantil de clown que aborda a cultura e a música tradicional a través dos seus instrumentos.