Cargando...
Ordear por:
Público:
« Anterior 1 … 6 7 8 9 10 … 14 Seguinte »
MÉDULA (2020)
Actualizado o 01/12/2020Espectáculo de Danza Contemporánea. Falamos de volver a nós, de sentírmonos como almas ceibes destinadas a transmitir historias, viaxes de vida, a nos mover entre susurros, mais sen medo de nos enforntar co que non queremos.O que segue (2019)
Actualizado o 26/11/2020O que segue é un acto de resistencia escénica a través da composición musical, o vídeo, a danza e un relato feroz do cotiá e as miñas contradiccións entre a arte e a vida.Cinco mulleres que comen tortilla (2018)
Actualizado o 26/11/2020Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e unha coidada posta en escena totalmente inmersiva.Pinconús (2020)
Actualizado o 21/11/2020O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros. Todo isto para chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado PÍNCONÚS.Iriña bailarina (2016)
(1)Actualizado o 20/11/2020Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina e unha caixiña de música protagonizarán unha historia que nos servirá para reflexionar sobre a igualdade de xénero.Pinocchio (2020)
Actualizado o 20/11/2020Teatro Ghazafelhos, coa colaboración de Rigoletto Teatro, deciden contarnos a historia de Pinocchio. Un títere universal que nos enche de risa e emoción, e que agacha un segredo no seu corazón de bidueiro.- PROÍtaca TeatroT.P.
Cinco minutos sen respirar, de Gustavo Ott (2018)
Actualizado o 20/11/2020Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a oscuridade que pode albergar unha persoa a través de dúas personaxes: Margarita, unha (ex)empleada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado. Da avaricia, a luxuria e morte (2018)
Actualizado o 05/11/2020De xeito inmenso, certeiro e maxistral, Valle-Inclán trenza nas tres obras que configuran este espectáculo os dous únicos motores que moven o mundo humano, a avaricia e a luxuria co seu inevitable tránsito final: a morte.Performance Proxecto Noctiluca (2018)
Actualizado o 03/11/2020Performance Noctiluca de poesía e música en directo, cunha duración de 50 minutos e coa posta en escena de poemas recitados e acompañados de música en directo.SÓS (2020)
Actualizado o 26/10/2020“SÓS” é unha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia, e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida. “SÓS” conta a historia de Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados a compartires piso.