Cargando...
Ordear por:
Público:
« Anterior 1 … 5 6 7 8 9 … 14 Seguinte »
Crónica dunha heterosexual insatisfeita (2020)
Actualizado o 25/02/2021“Crónica dunha heterosexual insatisfeita” convídanos a reflexionar sobre normas ou parámetros pre establecidos que facemos propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver con nós mesmas.Mai Mai (2019)
Actualizado o 25/02/2021Mai Mai é unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.Lixo (2019)
(1)Actualizado o 22/12/2020“Lixo” está creado a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña... co que facer escenografías para o xogo a partir de obxectos que poderían ser simples desperdicios. Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento.CATRO (2020)
Actualizado o 22/12/2020CATRO é a nova proposta de Caramuxo Teatro para a primeira infancia. Unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons, as texturas, co movemento...- PROTeatro do AtlánticoAdultos
A conquista da escola de Madhubai (2020)
Actualizado o 14/12/2020Sakundeva, bandida, perseguida e acusada do asasinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos, preséntase na humilde morada de Pandala, unha sabia anciá que a criou cando era nena e que é a única persoa no mundo na que confía. A PEREGRINAXE (2019)
Actualizado o 09/12/2020Por orde de Deus, un humilde pastor ten que partir para a terra de Godah. Emprende entón unha longa peregrinaxe na que vai enfrontarse a banqueiros e gladiadores, coñecerá ao César e a Cleopatra, discutirá con inflexibles gardas e cos temibles nerios, para acabar na última cea de Xesús.Ningures (2020)
Actualizado o 03/12/2020A través do humor, a danza, a manipulación de obxectos e o teatro físico, Teatro Ó Cubo lanza a súa cuarta produción, marcada por unha nova estética e diálogo co público infantil e familiar.- PROTeatro do AtlánticoAdultos
Dúas donas que bailan (2018)
(1)Actualizado o 03/12/2020Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París e con rematar unha colección de tebeos da infancia, para a que só lle falta un exemplar, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia que familiares e extraños teñen outros plans para a vivenda. - PROTanxugueirasT.P.
Xira Contrapunto (2019)
Actualizado o 01/12/2020Contrapunto é un disco de dez temas siameses, cinco caras e cinco cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que as pandeireteiras mantiveron vivas ata hoxe. Palabras con pasado para describir o presente a través de voces destas tres mozas e de sonoridades de diferentes estil O empapelado amarelo (2019)
Actualizado o 01/12/2020O empapelado amarelo é un espectáculo teatral unipersoal que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman.O espectáculo utiliza as claves do relato de terror gótico para denunciar os mecanismos de represión propios do heteropatriarcado