Productora artística especializada en servicios de comunicación corporativa, street marketing y animación, danza y teatro en la calle. Dinamizamos eventos con foodtrucks, y somos creadores de festivales relacionados con el mundo del circo, el cabaret y la cultura popular.
Aupá!
Aupá! é o nome da nova proposta musical de Nelson Quinteiro que xorde da súa unión cos músicos Álvaro Cardalda (acordeón, voz, percusión) e Iago Prieto (gaita, voz, percusión) e na que Nelson Quinteiro aporta voz, ukelele, caixón flamenco, percusións tradicionais, pedais de loop, etc.
Aupá! proponnos un son divertido e bailable, da man da curiosa vibración percutiva do ukelele como base rítmica á potencia envolvente do acordeón e a gaita. Un son moi ben proporcionado que arroupa á voz de Quinteiro creando unha experiencia ideal para maridaxes do máis variado.
Despois do traballo de fondo destes tres artistas a bordo de propostas como ser charanga residente do colectivo “Mais Cantos” ou nos espectáculos e pasarrúas de Nadal coa proposta “Os Apalpadoriños”, Aupá! chega para darlle duro á pandeireta e poñer á xente a bailar!!!!
O repertorio de Aupá! parte da música de taberna, coas súas foliadas, muiñeiras e pandeiradas e achégase á esfera do café cantante con aires de rumba, pasodoble, tango, fox-trot… e toma como inspiración e punto de referencia a bandas tan emblemáticas como “Os Cempés”, “Quempallou” ou “Xochilmica”, sempre dende a propia bagaxe e traxectoria musical dos músicos deste proxecto.
Na súa versión escénica contará coa pintura ao vivo da licenciada en Belas Artes e Master en Arte Contemporáneo Marta Quinteiro Villar e do bailarín Iván Villar (Nova Galega de Danza, Entrecaixas, El Taller).
Na súa versión escénica máis extendida contará, ademais, coa danza, aéreos e performance dos integrantes da Compañía Nelson Quinteiro de danza-Teatro: Manuel Albariñas Otero, Yohel Santos, Adela Bértolo, Laura Casas, María Cordeiro, Kathy Sanchez Navia.
Xénero: Concerto // Concerto escénico, Música tradicional e popular galega.
Intérpretes: Álvaro Cardalda (acordeón), Iago Prieto (gaita), Nelson Quinteiro (ukelele, voz, percusión e pedais de loop)
Producción técnica: Marcos Souto Castelo
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.