Cargando...
Ordear por:
Público:
« Anterior 1 2 3 4 5 6 … 11 Seguinte »
O Meu Mundo non é deste Reino (2019)
Actualizado o 03/06/2021Adaptación da Farsa de Bululú de Manuel María. Trátase dunha parodia sobre a dictadura franquista que combina o teatro de marionetas, as artes plásticas e o teatro actoral. Gañadora de 2 PREMIOS MARÍA CASARES 2020. Mellor dirección e Mellor adaptación, ambos para María Peinado.Ula Lúa? (2017)
(1)Actualizado o 03/06/2021U-la Lúa? é dunha proposta escénica dirixida a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.O mel non caduca (2020)
(1)Actualizado o 20/05/2021O mel non caduca é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta pola perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada de produtos e persoas.- PRORebordelosAdultos
LIBERTO (2019)
(1)Actualizado o 20/05/2021Cando nace Liberto a vida de Ada frea en seco. Durante o parto, o neno quedou uns intres sen osíxeno. Dende ese momento, a vida fai equilibrios entre a esperanza e o medo. - PROButacaZeroT.P.
Despois das ondas (2019)
Actualizado o 20/05/2021Despois das Ondas é un film feito en directo e unha viaxe teatral pola vida de María Casares. Nesta peza mistúrase cine en directo, teatro e música. Poderemos descubrir e percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio. Cores, Contos e Rock'n'roll con Ramona Órbita (2020)
Actualizado o 14/05/2021Espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Un espectáculo para todos os sentidos.Un home con lentes de pasta (2021)
Actualizado o 07/05/2021Unha comedia surrealista sobre as relacións personais, as falsas apariencias sociais e o narcisismoA toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (2019)
Actualizado o 21/04/2021A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Unha obra moi participativa, simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo.Bernarda (2019)
Actualizado o 21/04/2021BERNARDA é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, unha realidade que admite diferentes perspectivas.- PROOs Naufragos TeatroFamiliar
Onde viven os monstros (2020)
Actualizado o 14/04/2021Onde viven os monstros é un clásico vixente hoxe en día que plasma con grande expresividade os temores e desexos da nosa máis tenra infancia: os monstros que nos asexan, os nosos incomprendidos enfados, o medo ao abandono e a que os nosos pais deixen de querernos.